Os estudantes toman novamente a rúa

É a segunda protesta nunha semana polos recortes na educación pública. Piden a dimisión do ministro Wert e a retirada da "contrarreforma" educativa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/10/2012 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

Centos de estudantes protestaron este mércores nas principais cidades galegas e en diversas localidades para mostrar o seu rexeitamento aos recortes na educación pública e as políticas emprendidas pola Xunta de Galicia e do Ministerio de Educación.

Estudantes sen Futuro na súa primeira mobilización o 7 de abril
Estudantes sen Futuro na súa primeira mobilización o 7 de abril

En Santiago de Compostela, centos de estudantes concentráronse na Praza do Toural e marcharon en dirección a San Caetano entre asubíos e consignas como 'o ensino é un dereito e non un privilexio' ou 'aquí está, aquí se ve, o alumnado galego en pe'.

Apoios

Nesta protesta participaron, entre outras, a Liga Estudantil, Agir, Galiza Nova ou o Sindicato de Estudantes. Ademais, contaron no apoio da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

As protestas tamén tiveron importancia nas principais cidades galegas e en diversas localidades do territorio. En Vigo, máis de 500 persoas participaron na manifestación que concluíu na Porta do Sol con lemas como 'o ensino é un dereito e non un privilexio', ou 'ensino público e de calidade, non á miseria na universidade'. Tamén na Coruña, máis de mil estudantes protagonizaron unha protesta na que participaron líderes nacionalistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 xanxanxan

GOOD BYE Mr BEAN

3 borja

PSOE Y PP MAFIOSOS.A los votantes del psoe o del pp nos estan estafando y nos estan robando y seguis votando por favor no les voteis mas. a los que no votamos al pp ni al psoe deciros que podemos hacer cosas cada uno de nosotros y nosotras . podeis pedir a todas las personas que conozcamos que pidan a todas las personas que conozcan que no voten ni al psoe ni al pp q tienen otras opciones mejores y mas limpias de corrupcion y amiguismo PP Y PSOE MAFIOSOS.toda españa difundelo gracias.

2 borja

NI PSOE NI PP POR ESTO,corruptos 730 y los librados,29 años de gobierno mitad salario de Francia,Alemania,Italia,Inglaterra etc,se regalan coches,trajes,VPOS,viajes y joyas,se perdonan sus deudas,colocan a hijos,primos,amigos,control medios y analistas de TODAS las tertulias debates,se niegan saldar piso por hipoteca, incumplen programa electoral,(manipulan ceoe,ccoo,ugt,iglesia,tv,periodicos,todos a sueldo)¿JUSTICIA?¿existe una justicia justa?NO..NI PSOE NI PP,PERO VOTA.GRACIAS.PASALO PORFAVOR

1 borja

Por favor pedir a amigos,conocidos,familiares que no voten ni al psoe ni al pp pasarlo por favor.Si nadie vota a estos dos partidos los que ganen tendran que cambiar las cosas sin posibilidad de no hacer nada.Estarian obligados a cambiar la justicia y la leyes electorales la clave es que psoe y pp no tengan ni un voto.GENERACION NI NI,NI PSOE NI PP PASARLO PORFAVOR,hablar de ello con familiares y amigos y que nadie les vote y TODOS A VOTAR.Que voten a quien sea menos psoe y pp gracias.