Axuda a atopar aves que están aparecendo mortas nas costas galegas

Adega e Hábitar organizan esta fin de semana grupos de busca de aves que están afectadas por fuel.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/03/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

ADEGA e o Grupo Naturalista Hábitat organizan ata o domingo 8 de marzo, un dispositivo de inspección de praias, recollida de aves abeiradas e avaliación deste grave episodio de contaminación mariña.

Aves mariñas aparecidas mortas nas costas galegas
Aves mariñas aparecidas mortas nas costas galegas | Fonte: Adega

Así, estes grupos ecoloxistas acudirán a 12 areais de 12 concellos costeiros distintos, nomeadamente na provincia da Coruña. "No obstante, se aparecen máis voluntarios e voluntarias, non se descarta que se acuda a máis areais dos previstos", suliñan nun comunicado.

Dende ADEGA xestionan o reparto de persoas interesadas no seguemento das praias (Maria Canedo) e dende Hábitat compilan o número de aves afectadas para a realización dun informe (Atocha Ramos e Cosme Damián Romay). Se queres participar, liga co teléfone 651482305 (María Canedo, ADEGA).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta