Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/10/2012 | Actualizada ás 10:25
Nin sete meses. Esa é a vida que pode ter EVO Banco, o nome que Novagalicia Banco utilizou fora de Galicia, León e Asturias, para relanzar a súa marca baixo o eslogan de "o novo banco intelixente". Esa é a vida útil que terá se se ten en conta o manifestado por determinados dirixentees bancarios nos últimos días.
Precisamente, a denuncia que fixo o presidente de Ausbanc, Luís Pineda, hai un mes diante do edificio de EVO Banco en Madrid poida estar detrás da fin da "marca branca" de NGB. Entón, Pineda denunciaba que, a efectos do Banco de España e do Fondo de Garantía de Depósitos, EVO Banco non existía. E é que Bruxelas podería obrigar á entidade bancaria xurdida das caixas galegas a eliminar a súa segunda marca se quere poñer en marcha a súa recapitalización e acceder aos cartos do rescate financieiro europeo.
El Mundo Financieiro publica que, previsible, no curso das negociacións levadas a cabo para a recapitalización da entidade, o novo equipo do Banco de España, co gobernador Luís Linde á fronte, teña exercido presión para acabar con "esta manobra de engano aos clientes" de NGB. Unha manobra que, entre outras normas, vulneraba a Circular sobre Transparencia do propio Banco de España.
"Un bluf"
"Hai xa tres semanas, dous bancarios comentáronme o esencial desta información e, por prudencia informativa, deixei o asunto no caixón da memoria á espera de obter máis detalles. Hai unhas horas, tras ler o publicado no AGUIJÓN, realice un varrido pola Rede e fixen dúas chamadas que confirmaron a información: Evo Banco é pouco máis que un bluf, seica unha distracción, tal e como se temían e tal e como afirmaban traballadores de banca galegos", engade o colaborador de GC, Félix Soria, no seu blog.
NCG Banco non oculta a súa intención de vender EVO Banco, pero negou que "vaia liquidalo". Así, admitiu que o venderá se atopa un "comprador adecuado" e afirmou que "varios operadores" mostraron o seu interese pola marca debido "ao potencial enorme do proxecto".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.