Vázquez deixará o liderado do BNG

Como adiantou GC antes do Consello, o actual portavoz nacional do BNG asume a responsabilidade do 21-O. Rodríguez (UPG) chama á "autocrítica" dentro da fronte sen "nerviosismos". Outros dirixentes piden a celebración dunha nova Asemblea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2012 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A mediodía confirmábase a noticia adiantada por GC a primeira hora do sábado. O actual voceiro nacional nnunciou un proceso para un novo proxecto nacionalista e que non se presentará á reelección como portavoz nacional do BNG na próxima asemblea extraordinaria.

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez | Fonte: BNG

Vázquez dixo que "toca asumir responsabilidades" porque "o pobo galego decidiu que o BNG sexa oposición, e decidiuno cunha perda importante de votos". O político pontevedrés desbotou presentarse de novo a voceiro nacional.

Vázquez fixo este anuncio durante o Consello Nacional deste sábado.

Antes deste anuncio, GC xa informara que Guillerme comunicou razóns principais desta decisión á Executiva do luns. O motivo é para asumir personalmente os resultados dos malos resultados do pasado 21-O. O BNG perdeu máis do 40 por cento dos votos.

Ao longo da semana, o líder nacionalista asumiu, a diferencia do acontecido durante a noite electoral, que a baixada de 5 escanos de máis de 130.000 votos fora un resultado "moi malo" para o BNG e evitou culpar a outros partidos, nomeadamente a AGE, do acontecido.

Precedente de Quintana

O Consello Nacional aceptou esta decisión. Tamén o ex lider nacionalista Anxo Quintana decidiu presentar logo das eleccións do 2009 a súa demisión. De feito, en parte, a decisión de Vázquez ven motivada por certas presións internas xa que houbo dirixentes que lembran que Quintana dimitiu por perder só un escano. 

Por outra banda, nesta xuntanza varios dirixentes, principalmente de Abrente, reclaman que se celebre unha Asemblea Nacional para decidir cambios fondos na estrututura orgánica do BNG e, sobre todo, nas orientacións políticas. Polo que se deduce das palabras de Vázquez, haberá esa Asemblea para, entre outras cousas, escoller novo voceiro. Guillerme seguirá no cargo até entón.

Que plans ten a UPG, o partido  máis numeroso na frente, de cara á proxima Asemblea? Varios persoeiros do partido comunista xa pediron publicamente un proceso de "refundación", por exemplo Xavier Vence.

Paco Rodríguez

Pola súa banda, Francisco Rodríguez, o ex-secretario nacional da UPG, publicou este mesmo sábado un artigo no voceiro Terra e Tempo. Por vez primeira Rodríguez, gran referente ideolóxico da UPG, fala abertamente da necesidade da "autocrítica". Iso si, advirte que cómpre facela "ante todo dentro da organización e en diálogo procurado e promovido por nós coa sociedade". 

Rodríguez aposta por un proceso calmado pois "non caben nerviosismos nin menos actuarmos ao ditado de quen procura a nosa destrución". Esta aposta  pola renovación tras unha reflexión pausada coincide co anunciado con Vázquez de marchar do cargo pero non inmediatamente.

De fondo, o debate sobre se o BNG debe tentar tender pontes con Anova de Xosé Manuel Beiras, tras o éxito electoral da coalición dos irmandiños e Esquerda Unida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 161 comentarios

48 traballadora

pero si estes non dimiten nunca. sempre están reuníndose a marxe dos órgaos estatutarios, que para iso están para tapar as decisións á marxe da militancia boba e seguidista. jajajajjajajajaa. moito lles importa dimitir xa ou máis tarde ou nunca. jajajajajjajajaa. sempre picades, así quitaron aínda 7. jajajjajajjaaja. patético todo.

47 Pstt

O patio esta tan claro, que sendo unha noticia sobre G.Vázquez, por riba do 80% dos comentarios mencionan a palabra Beiras, senón dimite así (cousa que ben pouco me importa, porque o problema vai máis ala diso) e pra felicitalo e darlle o pesame a un tempo.

46 Lenguda

Boa sorte a Guillerme Vázquez e ó BNG, para que a esquerda converxa. A maioría dos comentarios son v-omitivos e r-astreiros ("Bautista b-orracho", "Callón e o dormitorio", "Vázquez chocalleir* e pouco fotoxénico"...; En fín, obviamente temos o que merecemos e o que somos: un montón de m-erda espichada nun pau. Os comentaristas son do PP, estou convencido, a morralla humana pepeira que o que máis sabe de participar socialmente é vomitar nos posts (agora que xa saben escribir porque foron escolarizados grazas a esquerda, algunha vez).Ós porquiños de a pé tamén lle chega o San Martiño.

1 Fóra do país dos ananos

Non se acalore tanto, Sr. Lenguda...Que porque a algúns non nos gusten os manexos pouco honestos de certos prebostes upegallos e o xeito con que se acaparou a titularidade do nacionalismo galego das últimas décadas e o nome de Galiza por parte de certos individuos, non nos converte xa en "pepeiros" (uhm, frío, frío...). Hai que ter máis imaxinación e mellor xorne, que todo isto non é para tanto e logo aparecen as úlceras...

2 coiro

Daquela os q non apoiamos aos upegallos sómosche todos "morralla humana pepeira"? Noraboa polo teu argumentario,só equiparable a túa estreitez mental.

3 Felipe de Xinzo

amiga Lenguda, este é o País que temos, por desgraza os comentarios que calificas moi ben como vomitivos e rastreiros, non son de PPeperos, non, son de "nacionalistas" ou "esquerdistas" que viven nesta terra. Así son as cousas e así serán, mentras, Catalunya e Euskadi avanzando na soberanía nacional

4 Fóra do país dos ananos

Xa, xa, este é o país que temos…Ao mellor, o único que esas mentes preclaras que estiveron comandando o nacionalismo durante todo este tempo, e que todo o sabían, deixaron que houbese, sen deixar abrollar nada por fóra do seus mangoneos. Se cadra tamén é que no País Basco e na Cataluña teñen algo máis de altura e de capacidade para xestionar eses procesos políticos. Agora vimos con apelos á fidelidade e ao sentimentalismo barato…Pero non dicía o candidato Jorquera que non ía andar con panos quentes? Por iso, oh…Menos panos quentes e menos bágoas de crocodilo como as de Ana Pontón o outro día, soltando o moco, que até daba vergonza allea. Co que se cobra do Parlamento hai que manter máis as formas e ter máis dignidade.

5 Lenguda

Ratifíocome en todo o dito. Non votei BNG, senón AGE. Os comentarios nauseabundos contra a vida privada da xente do BNG, son iso: nauseabundos. ¿Que ten de "nacionalista" centrarse na homosexualidade, o alcoholismo ou a senilidade (de Beiras, por iso digo que os que dicides iso sodes do PP). Si soubera quen sodes non vos querería ver nin a un kilómetro de mín en calquera cousa que eu estivera. dades noxo. E repito, non son, nin siquera votei ó BNG, e seguramente teño moitísimos máis motivos para estar decepcionado con eles que calquera de vós, pero non mas dou de enteradillo (de nada)con sarcasmo baboseando contra a vida íntima de ninguén do Bloque. A rañala!!

6 Fóra do país dos ananos

Plas, plas, plas...bravo, bravo, ratifíquese aí, claro que si! A min as preferencias sexuais da xentiña esa ou as bebedeiras dos altos cargos bloqueiros, en si, non me interesan aló moito, o que pasa é como xa vin que eses asuntos tristes e privados determinaron máis do que debían cargos e decisións fundamentais para o meu país e para o nacionalismo galego (e isto non lle está ben, non...) dalle a un así por botar a lingua a pacer de cando en vez e de empregar unhas formas ao mellor pouco amables. Ah, no de acusar de PPeiros e todo iso vai mal, moi mal, frío, frío...

45 Fóra do país dos ananos

Se todo segue o curso habitual do nacionalismo galego este cutre dos últimos corenta anos (e se ao Bloque non o desafiuzan antes por impagos) quen pode aparecer de aquí a pouco como tapado é Carlos Callón. Non por nada, pero hai que ter en conta que no nacionalismo progre estas cousas sempre se decidiron, sobre todo, nos bares e nos dormitorios. Tamén pode ser que o Vence tente sacar tallada, que desde os seus tempos gloriosos en ERGA iso sempre foi o seu e nunca pisou en falso.

1 Lenguda

P-a-r-V-o.

44 meparto

por moito que digades o cancro do BNG non é outro que Paco Rodríguez, eso si, eu tamen coido que o futuro do BNG non está co "xovencito" Beiras, dentro de catro anos terá 80, é estará mais gaga que Fraga na última lexislatura, haberá que cambiarlle os calzóns proque non controlará os esfínteres a ver se os de ANOVA usades a cabeziña un pouco

1 Fóra do país dos ananos

Non, iso tamén, Beiras anda moi sufocado ultimamente e iso, logo dunha vida tan mal levada como a súa, non pode lle é nada bo, así xa tan de vello...

2 Fóra do país dos ananos

Non, iso tamén, Beiras anda moi sufocado ultimamente e iso, logo dunha vida tan mal levada como a súa, non lle é nada bo, así xa tan de vello...

3 DigoEu

Polo visto, "meparto" non pensa chegar a vello ou polo menos non pensa chegar en boas condicións. Non é nada optimista, xa que nestes tempos de alongamento da esperanza de vida e da calidade da vida, el pensa que aos 80 anos todo o mundo terá que ter axuda na cuestión de esfínteres e demais e, por suposto, estará chocho. Por iso fala así do Beiras, porque el pensa quedar fóra de combate a partir dos 70 ou 80 anos, se é que chega. Supoño que así pensará o parviño este.

4 Lenguda

Dous pajuleros do PP

5 A sota de abastos

Pois nada, pras próximas poñede de candidata a Xunta a Iria Aboy, que iso si que é garantía de fúturo (pra a familia Aboy cando menos), e cando cumpra a maioría de idade algún "fillisimo" dos vosos lle dades o relevo. Prefiro ó vello tolo que a xuventade dos lacaios.a

6 A sota de abastos

Anano, pra ter a capacidade de discurso que tén o Sr.Beiras entre outras cousas hai que leer moito e moi diverso todolos días, cousa que eu penso que non fas tí, e non trates a xente de vostede como fas cando escribes, os galegos normais nos tratamos de tí, alá vaílle tomar un "antisufocaçao" dises, xa che pasara, e non me sexas español , non mo tomes a mal.

7 Fóra do país dos ananos

Contodo, o da idade do Sr. Beiras tampouco sería un problema. Non sei, Adenauer, por exemplo, tivo moita responsabilidade sendo incluso máis vello, o que pasa é que a Adenauer tocoulle gobernar a RFA na posguerra e o Sr. Beiras, de momento, que se saiba, gobernar non gobernou nada. Pois iso, que se coide un pouquiño máis, a ver se así chega a tempo de facer algo.

8 Fóra do país dos ananos

Ah, Sota de abastos...Non llo tomo a mal, oh, que va...O que pasa é que niso do tratamento...Non sei, andar confraternizando tanto, así pola Internet...Será de galegos pouco normais, pero eu non o vexo, non o vexo. Si, o Sr. Beiras debe ler moito e variadísimo, claro. A obra escrita é xa bastante máis escasa, non é precisamente un Hobswbam, que digamos; sobre todo para os anos que botou na Universidade e para todo o barullo que se fai con ela. Por outra banda, o que leamos ou non o resto dos mortais...Que quere que lle diga, se cadra non somos dunha familia con tantos posibles como os Beiras, pero faise o que se pode, non se crea...

9 A sota de abastos

Aledome da educación da túa resposta, grazas.