Vázquez deixará o liderado do BNG

Como adiantou GC antes do Consello, o actual portavoz nacional do BNG asume a responsabilidade do 21-O. Rodríguez (UPG) chama á "autocrítica" dentro da fronte sen "nerviosismos". Outros dirixentes piden a celebración dunha nova Asemblea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2012 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A mediodía confirmábase a noticia adiantada por GC a primeira hora do sábado. O actual voceiro nacional nnunciou un proceso para un novo proxecto nacionalista e que non se presentará á reelección como portavoz nacional do BNG na próxima asemblea extraordinaria.

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez | Fonte: BNG

Vázquez dixo que "toca asumir responsabilidades" porque "o pobo galego decidiu que o BNG sexa oposición, e decidiuno cunha perda importante de votos". O político pontevedrés desbotou presentarse de novo a voceiro nacional.

Vázquez fixo este anuncio durante o Consello Nacional deste sábado.

Antes deste anuncio, GC xa informara que Guillerme comunicou razóns principais desta decisión á Executiva do luns. O motivo é para asumir personalmente os resultados dos malos resultados do pasado 21-O. O BNG perdeu máis do 40 por cento dos votos.

Ao longo da semana, o líder nacionalista asumiu, a diferencia do acontecido durante a noite electoral, que a baixada de 5 escanos de máis de 130.000 votos fora un resultado "moi malo" para o BNG e evitou culpar a outros partidos, nomeadamente a AGE, do acontecido.

Precedente de Quintana

O Consello Nacional aceptou esta decisión. Tamén o ex lider nacionalista Anxo Quintana decidiu presentar logo das eleccións do 2009 a súa demisión. De feito, en parte, a decisión de Vázquez ven motivada por certas presións internas xa que houbo dirixentes que lembran que Quintana dimitiu por perder só un escano. 

Por outra banda, nesta xuntanza varios dirixentes, principalmente de Abrente, reclaman que se celebre unha Asemblea Nacional para decidir cambios fondos na estrututura orgánica do BNG e, sobre todo, nas orientacións políticas. Polo que se deduce das palabras de Vázquez, haberá esa Asemblea para, entre outras cousas, escoller novo voceiro. Guillerme seguirá no cargo até entón.

Que plans ten a UPG, o partido  máis numeroso na frente, de cara á proxima Asemblea? Varios persoeiros do partido comunista xa pediron publicamente un proceso de "refundación", por exemplo Xavier Vence.

Paco Rodríguez

Pola súa banda, Francisco Rodríguez, o ex-secretario nacional da UPG, publicou este mesmo sábado un artigo no voceiro Terra e Tempo. Por vez primeira Rodríguez, gran referente ideolóxico da UPG, fala abertamente da necesidade da "autocrítica". Iso si, advirte que cómpre facela "ante todo dentro da organización e en diálogo procurado e promovido por nós coa sociedade". 

Rodríguez aposta por un proceso calmado pois "non caben nerviosismos nin menos actuarmos ao ditado de quen procura a nosa destrución". Esta aposta  pola renovación tras unha reflexión pausada coincide co anunciado con Vázquez de marchar do cargo pero non inmediatamente.

De fondo, o debate sobre se o BNG debe tentar tender pontes con Anova de Xosé Manuel Beiras, tras o éxito electoral da coalición dos irmandiños e Esquerda Unida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 161 comentarios

3 Chiquito

Hai o rumor de que Aymerich podería voltar á universidade ...

1 trangallada

back on the child again.jajajajajaa. seguirá dando o pego polo medio para que non crea ninguén xa o de que hai diversas sensibilidades dentro do BNUPG, aínda que se sinta descuberto e non venda nada nese sentido seguirá as ordes do seu amo Paco. Todo por Galiza pero sen abater o lombo, ja jajajaja. Patéticos. Abusadores descubertos. Creo que ainda sacaron máis do que poderían sacar, sen dúbida. Patéticos repito.

2 Era boa

¿ Voltar Ay !!! Merich á universidade ?. Era boa.

3 Chapas

Uff, ben che me importa a mín, ós meus fillos aínda lles quedan uns anos por ir ala.

2 carballo

Un histórico coma o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero (BNG), tiña que dar o salto, ou non? ,non quere?.

1 Coiro

Por moito que muden de caras non han arranxar nada. non se trata diso senón de refundarse, cambiar o discurso...ou mellor non, que fiquen como están e que colla pulo CxG. Xa vai sendo hora de que Galicia teña un partido nacionalista alonxado de tanto postulado antisistema, anticapital, anticlerical, anti...total, É o que necesita Galicia!, que CxG ocupe seu espazo e que, no BNG, só queden os comunistas. Por certo, poderían empezar por tirar a estrela vermella da nosa bandeira, o que lle guste que a tatúe nun pe ou que a debuxe no salón da súa casa.

1 Independencia e socialismo

Ha, os pijistas postmodernos e as suas frikadas. Ti podes levar o pato Donald se che apetece, pero deixa e respecta cos demais teñamos os nosos simbolos historicos. A estrela vermella dende que Castelao a diseñou forma parte do noso acerbo cultural. Sodes moi "demócratas" pero xa se ve o respecto que tedes cos que non somos da vosa corda. Levase mal o da marxinalidade? O pobo dixo que non erades moi diferentes ao PP, PNV ou CIU partidos serviles da burguesia por moi nacionalistas que os disfracedes.

2 Fóra do país dos ananos

Frikadas, marxinalidade? Home, non nos faga rir...Xa vemos as masas populares como claman polo comunismo real na Galiza e como dan o seu apoio a certas opcións electorais. E símbolos históricos galegos tamén lle hai outros, eh? E bastante máis do país do que a estética á vietnamita, que xa vai moi gastado ese conto.

3 Coiro

Non sei porqué falas en plural, eu non milito en ningures e só represéntome a min mesmo. antes que Castelao a historia de Galicia é moi dilatada e rica, o escudo oficial é o simbolo que máis tempo leva representando aos galegos ante o mundo, mesmo a portada do estatuto do 32 leva o grial e a hostia en fondo azul, mágoa que non se poidan poñer imaxes aquí. E falas de marxinalidade? os marxinais a este paso ides ser os da estrela vermella, tan resesa e casposa. comunismo? non gracias, iso en cuba ou Corea do norte, aquí andamos noutra.

4 carballo

Xa nos gostaría unha Convergência eiquí,xa

5 xanxanxan

Mira Coiro. Paréceme ben que opines. Pero só é a túa opinión. O que queira levar a estrela vermella, que a leve. Afíliate a CxG e ponte a traballar.

6 Re-coiro!

Hai duas anomalias no decurso histórico da construçom da nossa identidade nacional, o primeiro foi Pondal, por machista, e o segundo Risco, por dereitista. O resto forom, progressistas, antipatriarcais, antifundamentalistas católicos e anti-imperialistas "avant la lettre"; de Prisciliano a Castelao. Leiamos um pouco antes de comentarmos.

7 Coiro

Hola Carballo, converxencia non sei, son coma os do Pp pero en versiópn catalá, eu identificaríame máis cun partido socialdemócrata, de centro esquerda, pero que non esqueza nosa historia como fan os do bloque, semella que para eles Galicia só existe dende Castelao.

8 Coiro

dúas anomalías Pondal e Risco, por? un por celtista e crente e o outro por "dereitista"? Mira que sodes dogmáticos, negar que foron dous dos pais da patria galega é coma quitarlle a galeguidade a Cunqueiro por non exilarse. quitade a venda, hai unha Galicia real alén das vosas imaxinacións.

9 Independencia e socialismo

Aos comunistas o sistema de eleccións burgués non representa ningunha tarefa indispensable. É unha ferramenta mais, pero nin moito menos algo vital, o parlamentiño só é un teatro de sombras. Eu non me lembro nin cando foi a última vez que votei. Para burgueses e pequeno burgueses, si. O millor xeito de explotación capitalista son as "democracias" parlamentarias burguesas, moito mais que as dictaduras militaristas. Vexo que andades adoecidos porque o pobo unha e outra vez repite que non a un CIU ou PNV galego, a laboura deses partidos en Catalunya ou Euskadi xa ben a fai o PP. Non se precisa dun doble aparello político. Por certo, aprendede do respecto que ten CIU da senyera estrelada.

10 Coiro

Parlamento teatro de sombras? non lembras cando votaches? ta guai o! teu discurso é dunha coherencia superior. Daquela non participas do sistema pero etiquetas e fas xuizos de valor dos que si o fan. Unha postura moi cómoda a túa, ti non xogas pero criticas aos que xogan, por dicilo dalgún xeito. O primeiro que deberías saber, xa que es tan comunista, é que coa tua abstención estás axudadno a perpetuar á dereita no poder. Grazas polas túas leccións de galeguidade e compromiso .

11 Independencia e socialismo

A perpetuar a dereita no poder? veña xa!!! agora hai un capitalismo de rostro humano. Que cambio representa na situación do obreiro galego? dos parados? dos explotados? dos que teñan a uneca saida na emigración?. Todo é unha farsa para que sigas tragando as novas voltas de torca, creendo no sísema. Esta mesma semana a petición do titular de economía aleman, a troika comunitaria aprobou a figura dun comisario que viole a soberanía das nacións e poda vetar os presupostos nacionais. Dun tecnócrata que esté ao servizo das oligarquias. Que soberania? que independencia? se tan só cambiamos de lacaios ao servizo do capital. Tan só un sistema diferente o actual pode cambear as relacións de poder e trocar o sumiso status actual de pobo e Pais. Ese cambio non poderá vir de mans de liberais ou interclasistas postmodernos que queren resucitar a socialdemocracia inviable, por moi de galeguistas que se disfracen. Tan só son lavados de cara dun sistema esgotado.

12 Coiro

bufff, pérdome no teu discurso cheo de termos comúns que usas para te diferenciar dos demais pero que, para nada, falan dos demais anque os invoquen. Sistema esgotado a democracia? ti debes ser moi novo e non coñeciches o franquismo. sabes cal é o sistema imperante no mundo máis adiantado e civilizado? De que falas, meu?

13 Independencia e socialismo

Vivin o franquismo, que peiteo cabelos brancos, non vos enterades de nada. A que lle chamas ti "democracia"? un termo tan subxetivo e desvirtualizado que ate Aznar chamase paladin da tua "democracia"? Mundo civilizado? o das bombas enriquecidas con uranio? guerras imperialistas latricidas?. Mira meu, foime ben na vida porque coñezo ben este sistema que se basea na explotación. Sistema inxusto e depredador a mais non poder. Sistema que fala de progreso, cando un se lembra de canto progreso teriamos se recuaramos 50 anos na historia. Cando os nosos pobos eran enxebres, cando as nosas rias e fragas estaban sans. Si, gobernaban franquistas e burgueses ao igual que agora e a xente coma agora tiña emigrar. Pero que envexa de terra non esquilmada e sen explotar. Cousas do voso "progreso" capitalista

14 XA ABONDA

O que ten de acabar, ACABAR DE VEZ, e este andar de navalladas publicamente. Asi non hai proxecto que aguente, nen de esquerdas nen de direitas. Os do PP lavan a m_erda na casa, de portas para adento e ben fechadas. Está clarísimo que Beiras dalle mais aire o PP que a calquer cousa (outro asunto é que o manipulen outros para sair da sua marxinalidade, porque para ghettos os que monta IU), pero mesmo isto hai que falalo de portas adentro. E criar de modo IMPERATIVO unhas regras de xogo aceites por todos. Depois non vale vir con eu non xogo eu non quero, Que descoñecimento mais brutal da nosa historia en particular e da historia en xeral.

15 Tubío R.

XA ABonda: es un cínico. Practicas o mesmo que censuras e nin sequera te molestas en mudar o nick. Que prosmas estes do Bloque!

16 Xa Abonda

Mira, Tubio, se puideses ver as IPs veria que foi a miña única intervención aqui. Os loucos sodes outros, e proxectades as vosas loucuras aos demais. O BNG durante muito tempo foi un partido de zumbados, de xente ociosa que se dedicou á política como terapia, e mesmo alguns dan licións de honestidade hoxe da man doutros cando foron determinantes en afundir o BNG. A min non me insultedes, e se insultades, dade a cara. Un dos problemas do BNG é que todo o mundo o toma de coña, vai ser cousa tamén de poñer no debate acudir os tribunais ante tanto insulto e tanta inxuria. Aguantar Federicos que os aguante quen quixer.

17 El obispo de Toromuerto

Eu creo que é máis sinxelo, a xente eiquí opina, a mín hai comentarios que me repugnan, igual que de seguro tamén lles daran noxo os meus a moitos, isto hai que tomalo con calma, eiquí lees de todo, xente que lle vota a culpa a estrela, xente que quere que non se opine abertamente, xente que entende co mundo é cadrado, pois hai que ter a clase e a paciencia necesaria pra "aturarnos" a todos, como na mesma sociedade, na miña familia houbo quén votou PP, que eu sepa un, que fago, lle retiro a palabra? ..o das navalladas é moi vello, non son recomendables, eu son un acojonado pra as peleas, pero si un tipo me ven cunha navalla na man, si teño unha a man, podes estar seguro que a collo pra facer o que poda con ela...Así que agora Paz e frores, empeza por dar exemplo.

18 Amón XIV

O problema foi ó da estrela, e o de non falar ca xente, e o de ser cáciques, e o de relacionarse con empresarios "listillos", e a prepotencia ante os que non comulgan, e as debedas que hai que pagar, e o de......O mellor é facerse hyppi e católico, e porque non tamén budista da ultradereita, eiquí vale todo, eu vou tentar loitar ca AGE pra cambiar as cousas, qué fracaso ou fracasamos? pois habera que mirar outra cousa, e así até ó 2095, que moi probablemente eu xa non estareí eiquí