Vázquez deixará o liderado do BNG

Como adiantou GC antes do Consello, o actual portavoz nacional do BNG asume a responsabilidade do 21-O. Rodríguez (UPG) chama á "autocrítica" dentro da fronte sen "nerviosismos". Outros dirixentes piden a celebración dunha nova Asemblea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2012 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A mediodía confirmábase a noticia adiantada por GC a primeira hora do sábado. O actual voceiro nacional nnunciou un proceso para un novo proxecto nacionalista e que non se presentará á reelección como portavoz nacional do BNG na próxima asemblea extraordinaria.

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez | Fonte: BNG

Vázquez dixo que "toca asumir responsabilidades" porque "o pobo galego decidiu que o BNG sexa oposición, e decidiuno cunha perda importante de votos". O político pontevedrés desbotou presentarse de novo a voceiro nacional.

Vázquez fixo este anuncio durante o Consello Nacional deste sábado.

Antes deste anuncio, GC xa informara que Guillerme comunicou razóns principais desta decisión á Executiva do luns. O motivo é para asumir personalmente os resultados dos malos resultados do pasado 21-O. O BNG perdeu máis do 40 por cento dos votos.

Ao longo da semana, o líder nacionalista asumiu, a diferencia do acontecido durante a noite electoral, que a baixada de 5 escanos de máis de 130.000 votos fora un resultado "moi malo" para o BNG e evitou culpar a outros partidos, nomeadamente a AGE, do acontecido.

Precedente de Quintana

O Consello Nacional aceptou esta decisión. Tamén o ex lider nacionalista Anxo Quintana decidiu presentar logo das eleccións do 2009 a súa demisión. De feito, en parte, a decisión de Vázquez ven motivada por certas presións internas xa que houbo dirixentes que lembran que Quintana dimitiu por perder só un escano. 

Por outra banda, nesta xuntanza varios dirixentes, principalmente de Abrente, reclaman que se celebre unha Asemblea Nacional para decidir cambios fondos na estrututura orgánica do BNG e, sobre todo, nas orientacións políticas. Polo que se deduce das palabras de Vázquez, haberá esa Asemblea para, entre outras cousas, escoller novo voceiro. Guillerme seguirá no cargo até entón.

Que plans ten a UPG, o partido  máis numeroso na frente, de cara á proxima Asemblea? Varios persoeiros do partido comunista xa pediron publicamente un proceso de "refundación", por exemplo Xavier Vence.

Paco Rodríguez

Pola súa banda, Francisco Rodríguez, o ex-secretario nacional da UPG, publicou este mesmo sábado un artigo no voceiro Terra e Tempo. Por vez primeira Rodríguez, gran referente ideolóxico da UPG, fala abertamente da necesidade da "autocrítica". Iso si, advirte que cómpre facela "ante todo dentro da organización e en diálogo procurado e promovido por nós coa sociedade". 

Rodríguez aposta por un proceso calmado pois "non caben nerviosismos nin menos actuarmos ao ditado de quen procura a nosa destrución". Esta aposta  pola renovación tras unha reflexión pausada coincide co anunciado con Vázquez de marchar do cargo pero non inmediatamente.

De fondo, o debate sobre se o BNG debe tentar tender pontes con Anova de Xosé Manuel Beiras, tras o éxito electoral da coalición dos irmandiños e Esquerda Unida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 161 comentarios

23 adrián

A oposición non tiña unha mensaxe creíbel e Feijoó sabe que non pode interpretar a nova maioría absoluta como un cheque en branco. Aquí todos sabemos que Feijoó segue en San Caetano porque os outros eran moi malos e daban moito medo. http://cronicasindepes.blogspot.com...

1 A estratexia da avestruz

Canta razón tes, adrián. Moitos estanse a darse lustro porque uns políticos acadaran uns determinados postos que van facerlles vivir moi ben. Nembergantes esquecen a terrible realidade, que é que pese a un esceario de miseria, crise e recortes xeralizados, unha gran maioria social optou por quedarse na case, porque non viron ningunha alternativa, nada diferente no sustancial ao goberno de Feijóo.

2 TarzanDasMonas

A mín podeme valer o abstencionismo dun activista, un home ou muller que non cree no sistema democrático corrupto burgues, estou cerca dél, aínda que eu votei, o que non me vale é o abstencionismo do borrego que non vota "porque todos son unha merda" e non se move do sofa, o abstencionismo crítico o compartas ou non é respetable, o abstencionismo " de moda" ou de comodidade, ou incluso intesado polo poder nún momento dado, non me vale sen máis.

3 TarzanDasMonas

Eu non lles voto máis, é respetable, pero en situacións de "emerxencía extrema", de total dominio do ultradereitismo é cuestionable que o millor sexa quedarse na casa, sen facer nada claro, porque si eses que quedaron na casa houberan feito algo que MOLESTASE Ó SISTEMA pois vale, pero que sepan que Feijoo e os banqueiros estan a celebrar a súa consecuencia, e digoío con toda a humildade, eu tamén fún abstencionista moitas veces.

22 Galizasi

Dicía miña avoa todos son iguais e boa verdade so pensan neles tanto os do BNG, ANOVA e CxG non se dan conta de quen perde e a Nación Galega e gana o españolismo que tristura veña a loitar todos pola Galiza

1 BORJAMARI

Pois claro que perde Galiza. Galiza é a historia dos perdedores, e porsuposto esta a piques de Galiza ser a colonia sonada por España, para xantar marisco, facer queimadas, e decir: "BORJAMARI, ESTE VERANO IRE AL NOROESTE, CREO QUE TIENEN UNA MANERA MUY GRACIOSA DE HABLAR, CHAO "MUMU", CHAO BORJAMARI".

21 Século XXI

Cando os dirixentes políticos sitúan o seu ideario a anos luz da realidade social, o divorcio cos electores está servido . Un bo estratego debe dilatar a consecución das súas máximas ideolóxicas e axustar a súa aplicación ao grao de convencemento que teña alcanzado entre a súa masa proclive, suposto contrario teremos apostado pola frustración.

1 Contemporaneo

Por iso ti reconverticheste en neo liberal? por adatarse a realidade social actual. O falso do teu discurso ben da man de que a maioria social empeza a dar as costas a todo o espectro político actual, ao chegar a case un 50% de abstención e medrando.

20 Alhambradomaroto

Quen debe urxentemente facer unha seria autocrítica e abandonar dunha vez a estratexia "frentista-leninista, pensamento Paco Rodríguez" é a UPG. Evencio, Lores, O Meixo, Alfredo, Vence,... non credes que xa é tempo de outro modo?

19 PP 2012

Liderar é o que fai Feijoo no PP: manter un partido unido e obter maiorías absolutas.