Vázquez deixará o liderado do BNG

Como adiantou GC antes do Consello, o actual portavoz nacional do BNG asume a responsabilidade do 21-O. Rodríguez (UPG) chama á "autocrítica" dentro da fronte sen "nerviosismos". Outros dirixentes piden a celebración dunha nova Asemblea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2012 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A mediodía confirmábase a noticia adiantada por GC a primeira hora do sábado. O actual voceiro nacional nnunciou un proceso para un novo proxecto nacionalista e que non se presentará á reelección como portavoz nacional do BNG na próxima asemblea extraordinaria.

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez | Fonte: BNG

Vázquez dixo que "toca asumir responsabilidades" porque "o pobo galego decidiu que o BNG sexa oposición, e decidiuno cunha perda importante de votos". O político pontevedrés desbotou presentarse de novo a voceiro nacional.

Vázquez fixo este anuncio durante o Consello Nacional deste sábado.

Antes deste anuncio, GC xa informara que Guillerme comunicou razóns principais desta decisión á Executiva do luns. O motivo é para asumir personalmente os resultados dos malos resultados do pasado 21-O. O BNG perdeu máis do 40 por cento dos votos.

Ao longo da semana, o líder nacionalista asumiu, a diferencia do acontecido durante a noite electoral, que a baixada de 5 escanos de máis de 130.000 votos fora un resultado "moi malo" para o BNG e evitou culpar a outros partidos, nomeadamente a AGE, do acontecido.

Precedente de Quintana

O Consello Nacional aceptou esta decisión. Tamén o ex lider nacionalista Anxo Quintana decidiu presentar logo das eleccións do 2009 a súa demisión. De feito, en parte, a decisión de Vázquez ven motivada por certas presións internas xa que houbo dirixentes que lembran que Quintana dimitiu por perder só un escano. 

Por outra banda, nesta xuntanza varios dirixentes, principalmente de Abrente, reclaman que se celebre unha Asemblea Nacional para decidir cambios fondos na estrututura orgánica do BNG e, sobre todo, nas orientacións políticas. Polo que se deduce das palabras de Vázquez, haberá esa Asemblea para, entre outras cousas, escoller novo voceiro. Guillerme seguirá no cargo até entón.

Que plans ten a UPG, o partido  máis numeroso na frente, de cara á proxima Asemblea? Varios persoeiros do partido comunista xa pediron publicamente un proceso de "refundación", por exemplo Xavier Vence.

Paco Rodríguez

Pola súa banda, Francisco Rodríguez, o ex-secretario nacional da UPG, publicou este mesmo sábado un artigo no voceiro Terra e Tempo. Por vez primeira Rodríguez, gran referente ideolóxico da UPG, fala abertamente da necesidade da "autocrítica". Iso si, advirte que cómpre facela "ante todo dentro da organización e en diálogo procurado e promovido por nós coa sociedade". 

Rodríguez aposta por un proceso calmado pois "non caben nerviosismos nin menos actuarmos ao ditado de quen procura a nosa destrución". Esta aposta  pola renovación tras unha reflexión pausada coincide co anunciado con Vázquez de marchar do cargo pero non inmediatamente.

De fondo, o debate sobre se o BNG debe tentar tender pontes con Anova de Xosé Manuel Beiras, tras o éxito electoral da coalición dos irmandiños e Esquerda Unida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 161 comentarios

13 antiburras

Se poñan como se poñan os marchosos, sempre que Beiras anda polo medio, o PP acada máis de 40 deputados. Se poñan como se poñan os marchosos, o PCE controla AGE e xa pensan en exportar o invento a Murcia e Melilla. Se poñan como se poñan os marchosos, desde o punto de vista nacional, o Xosé Manuel Higinio Beiras Torrado é un traidorzuelo que vendeu a Galiza por catro baners na Voz de La Colonia e tres cuñas de radio pagadas polos comunistas españois de Cayo Lara

1 traballadora

Se poñan como se poñan os marchosos, grazas a inoperancia de UPG abriuse cancha a IU. Se poñan como se poñan os marchosos,grazas á falta de traballo da UPG e de facer da defensa pretendida do pais unha forma de vida que ate se pode herdar, os galegos non acreditamos no BNG. Se poñan como se poñan os marchosos pillaron un cacho que non esperaban e que tampouco esperaban na UPG perder, se poñan como se poñan certos líderes locais,comarcais e demáis mostrando lágrimas de cocodrilo cínicas e hipócritas. Se poñan como se poñan os marchosos é mentira que na cúpula da UPG esperasen ese revés tan grande, outra vez a rirse do militante de base. Espera: jajajajajajajajajajajaja. Non merecedes a pena.

2 Xoelho

Cala, burras, que a única verdade é que o BNG non deixa de caer cada vez un pouco máis en cada nova convocatoria electoral a nivel galego desde que Beiras foi marxinado nesa montaxe fantasma que fixo a UPG e que se chama BNG. Xa era hora de que houbese a necesaria escisión que presentase de verdade un_a alternativa para a partirmos de agora plantar cara con forza ao PP en Galiza. O PCE, o PCG, Izquierda Unida e Esquerda Unida merecen un aplauso por sumárense a esta necesaria unidade de toda a verdadeira esquerda, sexa nacionalista ou non. Os prexuízos de bobos coma ti e a UPG son o que está a foder todo e xa vai sendo hora de dicir basta.

3 antiburras

Bobo será o teu pai, conejo.

4 Burricam

Se nom fosses bobo nom contestarias a os que cho chamam. Perdiches umha boa oportunidade de ficar caladinho.

5 Rambo

Antiburras é bon chaval, quere ó millor pra Galiza, e defende con paixón o que el entende que é o millor, parecese moito a un integrista católico, non entende que haxa xente que non rece e non comulgue os domingos, e do mesmo xeito cun integrista católico, non entende que a xente poda ser distinta ó que a el lle gustaría. Temos moito en común, a mín tampouco me comprace o que me rodea, máis eu opto polo máis fácil, facer o que podo, pero non ser un peón de ningunha secta, e mira que houbese podido ser "general" de ter sido "consecuente" que é como lle chaman na vosa secta a ser lacaio, proba a andar por ahí e falar coa xente normal sen insultala, o mesmo até lle fas un favor ó teu partido, que xa sabemos cal é faí tempo

12 Rabecho

E claro, Guillerme encabezaba a candidatura do BNG. Vaia ho! A que universidade volve agora?

11 Independentista

Pobre Guillerme,sabia que a UPG pagaba ben aos lacaios,pero agora hai poucos cartos e moitos a repartir. A UPG(Paco Rodriguez) fixolle moitos favores ao PSOE no Parlamento de Madrid. E coa sua incompetencia era o seguro de vida do PP no Parlamento de Compostela. Agora,coa sua escasa forza,abrese unha oportunidade para a emancipacion nacional e social de Galiza. Os Jorquera,Lobeira,Vazquez,Ponton....teran que atopar un choio que saiban facer ben.

1 traballadora

Independentista, eres un pouco inocente. Traballar?????... antes morrer deitados. jajajajajaja. ja.

10 ssss

Pero baixade TODOS da nube, a realidade e esta, mais do 50% do electorado vota PP os demais todos xuntos non chegamos nin o 20% é a sociedade galega a que se suicida conscientemente, prefire ser española de terceira que nacionalista de primeira, non hai mais millo no canastro.

1 galleguista

Algúns estarán na nube ata as próximas eleccións, cando leven unha somanta electoral...outros xa o levaron e parece que despertan. Non sei se acabamos de matar un mostruo para crear outro.

2 anti español

A ver bruxa lola, porque tes capacidade de entrar na mente dos galegos. Galegos que só apoian ao PP nun 22.% e un 10% PSOE. Non chegan a un de cada tres galegos os que apoian ao PP, e iso supoñendo o cal é moito supoñer que a todos esos votantes o sexan por convición e non por clientelismo. Onde ves ti esa maioria? illuminati. Xa que tes poderes para normais supoño que me estar a ler a mente e así me aforras de ter que decir o que penso de ti.

3 xulioanxo

acho que estás errado. O leitorado que vota PP é o 24% do censo, polo tanto nao é maioria de nada.

4 mk__

Como dixeron antes, os votantes do PP, non chegan ao 30%, pero tampouco esquecer que os votantes do nacionalismo (e da esquerda) nunca teñen superado o 15% coma muito (e si, excluo o PSOE da porcentaxe).

9 magosto

Ah, pero algunha vez liderou o BNG?

1 samaín

o de líder deixámoslle ao deus Beiras. No BNG, tes razón, era o PORTAVOZ NACIONAL e non líder. Por certo, caiame ben este tipo.

2 traballadora

pois lévao para casa e dalle de comer. jajajajajajajaa