Vázquez deixará o liderado do BNG

Como adiantou GC antes do Consello, o actual portavoz nacional do BNG asume a responsabilidade do 21-O. Rodríguez (UPG) chama á "autocrítica" dentro da fronte sen "nerviosismos". Outros dirixentes piden a celebración dunha nova Asemblea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2012 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A mediodía confirmábase a noticia adiantada por GC a primeira hora do sábado. O actual voceiro nacional nnunciou un proceso para un novo proxecto nacionalista e que non se presentará á reelección como portavoz nacional do BNG na próxima asemblea extraordinaria.

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez | Fonte: BNG

Vázquez dixo que "toca asumir responsabilidades" porque "o pobo galego decidiu que o BNG sexa oposición, e decidiuno cunha perda importante de votos". O político pontevedrés desbotou presentarse de novo a voceiro nacional.

Vázquez fixo este anuncio durante o Consello Nacional deste sábado.

Antes deste anuncio, GC xa informara que Guillerme comunicou razóns principais desta decisión á Executiva do luns. O motivo é para asumir personalmente os resultados dos malos resultados do pasado 21-O. O BNG perdeu máis do 40 por cento dos votos.

Ao longo da semana, o líder nacionalista asumiu, a diferencia do acontecido durante a noite electoral, que a baixada de 5 escanos de máis de 130.000 votos fora un resultado "moi malo" para o BNG e evitou culpar a outros partidos, nomeadamente a AGE, do acontecido.

Precedente de Quintana

O Consello Nacional aceptou esta decisión. Tamén o ex lider nacionalista Anxo Quintana decidiu presentar logo das eleccións do 2009 a súa demisión. De feito, en parte, a decisión de Vázquez ven motivada por certas presións internas xa que houbo dirixentes que lembran que Quintana dimitiu por perder só un escano. 

Por outra banda, nesta xuntanza varios dirixentes, principalmente de Abrente, reclaman que se celebre unha Asemblea Nacional para decidir cambios fondos na estrututura orgánica do BNG e, sobre todo, nas orientacións políticas. Polo que se deduce das palabras de Vázquez, haberá esa Asemblea para, entre outras cousas, escoller novo voceiro. Guillerme seguirá no cargo até entón.

Que plans ten a UPG, o partido  máis numeroso na frente, de cara á proxima Asemblea? Varios persoeiros do partido comunista xa pediron publicamente un proceso de "refundación", por exemplo Xavier Vence.

Paco Rodríguez

Pola súa banda, Francisco Rodríguez, o ex-secretario nacional da UPG, publicou este mesmo sábado un artigo no voceiro Terra e Tempo. Por vez primeira Rodríguez, gran referente ideolóxico da UPG, fala abertamente da necesidade da "autocrítica". Iso si, advirte que cómpre facela "ante todo dentro da organización e en diálogo procurado e promovido por nós coa sociedade". 

Rodríguez aposta por un proceso calmado pois "non caben nerviosismos nin menos actuarmos ao ditado de quen procura a nosa destrución". Esta aposta  pola renovación tras unha reflexión pausada coincide co anunciado con Vázquez de marchar do cargo pero non inmediatamente.

De fondo, o debate sobre se o BNG debe tentar tender pontes con Anova de Xosé Manuel Beiras, tras o éxito electoral da coalición dos irmandiños e Esquerda Unida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 161 comentarios

8 Luizinho

O BNG debería deixar a estes piraos de ANOVA, xa levarán un ostión, porque non se enteraron de nada. Seguro que agora empezaran a coiteladas para repartirse os carguiños conseguidos polo efecto Beiras. Veña que vos preste e disfrutades, sodes outro fracaso como o BNG porque non vos enterades de nada. E vos os do BNG a ver se aprendestes a lección.

7 Iri

O que agardo é que se siga traballando como sabe o BNG, non se utilice a AGE como utilizan eles á UPG de cabeza de turco e argumento para todo, e que se traballe como traballan dende os concellos pequenos goberandos polo BNG, ao carón da xente de toda clase. Eu humildemente pido iso, a sociedade cambia, o BNG ten un ideario, a sociedade soberanamente tamén decidiu apoiar á burbulla inmobiliaria e votar ao PP destruindo os nosos tecidos productivos durante décadas. Se o BNG cambia nas ideas cara un galeguismo máis integrado en España para coller votos adaptándose á españolización do país e aproveitando o apoio dos medios moitas si que daremos o voto a outros.

1 traballadora

Iri, levas veleno amasado na tua verba. Resistencia á españolización= política correcta do partido; fracaso social e eleitoral= ataque españolista; burbulla inmobiliaria= decisión do pobo; vitoria do PP= voto consciente do pobo. jajajajajajajajajaajajaja. Grazas UPG, isto foi o que conseguiche en tantos anos, en tantos anos tamén.

2 UPG

Nada, desfruta mentras podas.

3 traballadora

UPG, ti sabes ben que sobran case que tres millóns de jallejos. Os catro amigos de partido e prato son Galiza. Bueno, Galiza e Paco, perdoa. Cantos muros e paredes hai se estrear. jajajajajajaja. Vividores

6 ex-bng (agora desencantado)

Tarde piades Guillerme e Pacos (ben, o Paco Jorquera aínda non se deu por enterado, erpera a que lle preman a tecla correspondente do mando...). Beiras ten a súa responsabilidade, pero a da UPG non é menor, e agora pretendedes que o señorito do ego en comparsa e que ten nova parella volte a querervos... Non, os do BNG de agora aínda non estades no mundo real!

1 Ex-Encontro irmandiño

farto dos egoexbng!, baixade xa ó planeta terra.

5 Falemos de cousas serias

Amancio Ortega lava a cara e paga favores aos curas transferindolles 4 millóns de euros, mentras gaña centos de millóns esplotando traballadores e nenos por medio mundo. A esquerda "sistémica" lava a cara falando de novas alternativas, mentras fai cantos ao pacifismo derrotista e interclasismo en medio do ataque mais brutal da burguesia as clases traballadoras. Os socios de Beiras acaban de asinar en Andalucia os recurtes sociais mais drásticos da historia da comunidade. En todolos partidos hai xente valida, pero non son estos. Hai outras políticas, pero non son estas.

1 traballadora

Grazas UPG.Iso que acabas de escribir xa se sabe, Falemos de cousas serias.

2 Falemos de cosas serias

Non son da UPG. Sintese un millor queimando as suas limitacións na pira da UPG? Estamos a falar de pobo e terra explotados e dos que serven a explotadores facendose pasar por salvadores.

3 traballadora

Anda, como os eternos liberados e dirixentes do partido!!!

4 andante

Si, como os Jorquera, Pontona, Lobeira, Abrairas, Cela... O mesmo hai no BNG (mellor UPG), en IU, no pSOE ou no PP. A caste do aparato é por esencia conservadora, a prioridade é subsistir, logo dos fontaneiros e colocados NUNCA debemos esperar nada! Outra política é precisa!

5 Falemos de cosas serias

andante, si, non do aparato, porque non ten porque ser así por forza, senon dos actuais aparatos dos partidos actuais. De tosos sen excepcións. E deixa de falar de castes, termo esaxerado a mais non poder, cando se xeraliza. Discurso prefabricado o de castes, abono de populismos filo fas cistoides.

6 alemag

e a upg comparte grupo cos verdes alemáns, os que apoiaron a guerra de kosovo e ao spd e un dos causantes da ruina na que estamos. Si é de parvos botarlle a culpa diso á upg, pois todavía mais culpar a anova do que faga iu en andalucia, e mais cando eu é unha federación independente. demagoxia cutre

7 AlemánDoCarallo

Ö final a culpa de que Amancio Ortega lles solte unha burrada de cartos ó Opus (unha das correntes internas con máis influenzas no PP) vai ter que ver con que o que fan PSOE-IU en Andalucía sexa culpa de Beiras, pois vale, o mellor é quedar na casa e non relacionarse con ninguén, hoxe tomeí unha caña cún ionki que era amigo meu de chaval, mal feito, maña (si interesa) xa diran que son un ionki, e que sodes así de simples e de complexos, dende outra perspectiva son un tipo de p.m porque non marxino, integro, respeto etc....ala..a conclusión da película e a que lle interese ó sistema, pero a culpa sera de Beiras

4 antiburras

E Beiras cando dimite? Sempre que anda polo medio, PP por riba dos 40 e agora, convertindo ao nacionalismo altermundista na Chunta aragonesista do noroeste e metendo ao Cayo Lara de tapado no Parlamento galego.

1 CARTEIRO

grazas á UPG. jajajaja. PP-UPG= equipa antiestima propria. PP-UPG= antídoto contra a autoorganización. jajajaja. canta burra jajajajaja. destrutivos e o que sodes, nos sabedes facer máis outra cousa que destruir. veña, viva o partido e que cambie todo para seguri como sempre, lampedusos. que vos crea quen queira xa. dimitir, nunca dimitistes nin o faredes, está máis que claro.

2 Galiza caníbal

Ten moitos inimigos o BNG pola esquerda, moitos: os de Beiras, os de Ferrín, os de Alonso Montero..., e así non se pode facer país. Mais que "abrirse á sociede" como dicían algúns o que cómpre é "abrirse á esquerda" a toda a esquerda galega, ou non?

3 CARTEIRO

Hai xa 40 anos que paco comezou a marcar inimigos necesarios. Creo que quedará el solo. Po todos os lados ve inimigos e Galiza debora aos seus fillos, efectivamente, pero e que esa personaxe crese a encarnación da Galiza irredenta e por redimir. Efectivamente , quedará só, que xa o está. A espiral vai facendo camiño para adentro hai moito tempo xa. Ninguén e galego, todo o mundo é posible traidor, o pais é o partido obediente, fora disto nada. Pouco máis hai que analizar e non sei para que tanta palabra si todo foi sempre así de simple.

4 Galiza caníbal

En teoría o BNG -non a UPG- tiña que ser a casa común da esquerda galeguista/nacionalista. Pero algo fallou, que? Ese é o problema penso eu. Aliarse con todo-deus (e co diaño tamén) como fixo Beiras non é a solución, ou si? Tempo ao tempo.

5 Antimonias

Home, antiburras, canto tempo! Voucho recordar eu: HAI QUE CONCENTRAR O VOTO. upg=PP, bngUaI de Pacos e liberados fracaso social, BnG con poder=PSOE. Etc. etc. etc. Seguro que a imitación é mellorábel, pero o orixinal xa non digamos...

6 Canso

E como vai dimitir un tipo que faí dous meses, non él só , montou un partido, e que un mes antes das elecións monta unha coalición e consigue ser a segunda forza política en moitas das cidades e a terceira forza a nivel galego por riba do bng que presume de levar trinta anos nisto, con todos os medios e trincando cartos até de debaixo das pedras?