Vázquez deixará o liderado do BNG

Como adiantou GC antes do Consello, o actual portavoz nacional do BNG asume a responsabilidade do 21-O. Rodríguez (UPG) chama á "autocrítica" dentro da fronte sen "nerviosismos". Outros dirixentes piden a celebración dunha nova Asemblea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2012 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A mediodía confirmábase a noticia adiantada por GC a primeira hora do sábado. O actual voceiro nacional nnunciou un proceso para un novo proxecto nacionalista e que non se presentará á reelección como portavoz nacional do BNG na próxima asemblea extraordinaria.

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez | Fonte: BNG

Vázquez dixo que "toca asumir responsabilidades" porque "o pobo galego decidiu que o BNG sexa oposición, e decidiuno cunha perda importante de votos". O político pontevedrés desbotou presentarse de novo a voceiro nacional.

Vázquez fixo este anuncio durante o Consello Nacional deste sábado.

Antes deste anuncio, GC xa informara que Guillerme comunicou razóns principais desta decisión á Executiva do luns. O motivo é para asumir personalmente os resultados dos malos resultados do pasado 21-O. O BNG perdeu máis do 40 por cento dos votos.

Ao longo da semana, o líder nacionalista asumiu, a diferencia do acontecido durante a noite electoral, que a baixada de 5 escanos de máis de 130.000 votos fora un resultado "moi malo" para o BNG e evitou culpar a outros partidos, nomeadamente a AGE, do acontecido.

Precedente de Quintana

O Consello Nacional aceptou esta decisión. Tamén o ex lider nacionalista Anxo Quintana decidiu presentar logo das eleccións do 2009 a súa demisión. De feito, en parte, a decisión de Vázquez ven motivada por certas presións internas xa que houbo dirixentes que lembran que Quintana dimitiu por perder só un escano. 

Por outra banda, nesta xuntanza varios dirixentes, principalmente de Abrente, reclaman que se celebre unha Asemblea Nacional para decidir cambios fondos na estrututura orgánica do BNG e, sobre todo, nas orientacións políticas. Polo que se deduce das palabras de Vázquez, haberá esa Asemblea para, entre outras cousas, escoller novo voceiro. Guillerme seguirá no cargo até entón.

Que plans ten a UPG, o partido  máis numeroso na frente, de cara á proxima Asemblea? Varios persoeiros do partido comunista xa pediron publicamente un proceso de "refundación", por exemplo Xavier Vence.

Paco Rodríguez

Pola súa banda, Francisco Rodríguez, o ex-secretario nacional da UPG, publicou este mesmo sábado un artigo no voceiro Terra e Tempo. Por vez primeira Rodríguez, gran referente ideolóxico da UPG, fala abertamente da necesidade da "autocrítica". Iso si, advirte que cómpre facela "ante todo dentro da organización e en diálogo procurado e promovido por nós coa sociedade". 

Rodríguez aposta por un proceso calmado pois "non caben nerviosismos nin menos actuarmos ao ditado de quen procura a nosa destrución". Esta aposta  pola renovación tras unha reflexión pausada coincide co anunciado con Vázquez de marchar do cargo pero non inmediatamente.

De fondo, o debate sobre se o BNG debe tentar tender pontes con Anova de Xosé Manuel Beiras, tras o éxito electoral da coalición dos irmandiños e Esquerda Unida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 161 comentarios

18 Bóveda

O que importa é O POBO, GALIZA, non os partidos, vós sodes un instrumento simplemente, saíde axiña do círculo mesiánico que limita a vosa praxe política e que está na causa da vosa febleza social e electoral. Se o tomades a mal,cousa vosa, Galiza é máis importante que calquera de nós, individual ou colectivo. Organización, Xenerosidade, Fóra suspicacia e verdades absolutas, UNIDADE de acción cos forzas progresistas (nacionalistas ou internacionalistas), para parar esta GUERRA do CAPITAL contra os pobos, en concreto contra GALIZA. Periga o idioma, a cultura, a liberdade. O capital impón fame, deshacios, represión. Algúns sectores funcionariais están poñéndose do lado do Estado Represor e Fascista. A que esperades a rectificar? A que esperades a camiñar xuntos?

1 traballadora

Non, hai que desconfiar de quen ten ilusión, quen ten ilusión e perigoso porque pode ser limpo de corazón, nobre. Hai que ser suspicaz para autosubraiarse como puro, isto é selo da casa paco meu. Si levantaras a cabeza... caias patrás.

2 Materialista

Ninguén mais ten mais ilusión que os propios ilusos. O idealismo desfasado da realidade non é mais que unha ferramenta mais dos opresores. Se a situación actual é pesimista o normal é que asi se perciba, e apartires de ese analise pesimista loitar para cambear os factores que inciden na pesima realidade. O outro abondar nas simplezas, ao fin e ao cabo, a felicidade é patrimonio dos simples.

3 traballadora

O meu natal é o dos simples. materialista disque, idealista filosófico e elitista é o que eres. jajajajajaj.a

17 carballo

O Bng goberna en Carballo e notouse en actuaccions urbanisticas, grazas ao seren incluidas nos orzamentos xerais do estado,e tambén cando co-gobernaban a deputacion. Ahí si que foron un voto ùtil para nos, como carballes o recoñezo.

16 Cadaleito

Qué casualidade !!!. Os mesmos (Gillerme, os Pacos, Ay!!!-merich) que, dispois de Amio, dician que o BNG saira fortalecido e saneado, pois agora, dispois do ostión, apelan á unidade do nacionalismo e veña !!! a refundar por enésima a vez o BNG, sen decatarse de que eles mesmos foron os soterradores do cadaleito. A historia non perdoa.

15 Independentista

Eu podo esquecer os favores de paco rodriguez ao psoe no parlamento de madrid,a incompetencia da upg no parlamento de compostela. O que non podo esquecer é como a chuleria da upg impediu que a xente nova se achegue ao nacionalismo.A ultima xeracion(grazas ao efecto Beiras)foi a de Lobeira-Ponton.E claro,entraron estes porque eran da upg,eran moi mandadinhos e querian trepar...

1 antiburras

Qu ea UPG sexa nefasta para o desenvolvemento do movemento nacionalista nin fai bo, nin xustifica o aínda máis nefasto Beiras e o seu aquelarre españolista cos defensores das celulosas e das bankias . Beiras, Ferrín, e en moita menor medida Bautista e Rodriguez, levan máis dez anos facendo dano ao nacionalismo galego.

2 mk__

O teu medidor debe estar un chisco escarallado. Coma dixo Quintana, a cada quen segundo as responsabilidades que tivo, e Ferrín organicamente non tivo nengunha nos últimos 30 anos.

3 traballadora

Ferrín, outro máis. Non hai referentes, non os hai, todo está podre. Só hai xiareiros de podres; eu vou con paco, eu con ferrín eu con beiras eu vou á m e r d a, perdoando as letras.

4 Amo de casa

Queda aí nese lugar sen referentes e déixanos construír en paz a Alternativa Galega de Esquerda. Un proxecto colectivo e non sectario, POR FIN!

5 homeless

ha ha ha ha ten coidado co que fumas, amo de casa.

6 A sota de abastos

EU estou cos de amo de casa, ó dixen hai tempo e o repito, deixadenos os torpes tentar facer algo, o mesmo os máis dotados pola natureza levan unha sorpresa, sigo apostando por iso, si erro non sera nin a primeira nin a última vez, imos tentalo e a ver que pasa, e de momento (subraiado) a experiencia vai máis ben que mal, tamén é verdade que o nivel estaba moi baixo.

14 antiburras

Os dous fulanos que ían na false flag do ex nacionalista Beiras Torrado son lobistas proence-elnosa http://www.lavozdegalicia.es/pontev...

1 traballadora

si, ccoo pillou o relevo da cig niso de levar a voz cantante na defensa de ence. o concello non o fixo mal facilitándolle infraestruturas. en todo caso podería poñerse en muros. jajajajajajaja.

2 AlemánDoCarallo

debedes de ter problemas serios pra seguir con isa ofensiva logo das elecións, como á Upg perdeu xa faí tempo a condición de "limpa", agora tratase de enmerdar ós outros, sobre o que prantexas non opino, teño a mala costúme de non opinar do qué nos sei, pero no último mes puxechedes iso máis de 100 veces, cambiade ó chip, olvidadevos do corruptos que son os da AGE e pensade en como lle ides facer oposición ó PP nos próximos catro anos, buscade aliados dentro e fora, e dadelle duro ó PP, o mesmo dentro de catro anos a xente valora ó voso traballo e non faí falla que busquedes decisións cuestionables dos enemigos da esquerda.