Luxo e impagos en Xóvenes Agricultores

Mentres os traballadores botan meses sen cobrar, os responsábeis do sindicato agrario en Galicia desprázanse en automóbiles de luxo e acumulan un importante patrimonio, iates incluídos.

Por Galicia Confidencial | | 04/11/2012 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Juan Luis Pérez Miramontes, presidente de Xóvenes Agricultores, acumula un importante patrimonio produto das subvencións públicas para realizar cursos de formación aos traballadores do agro. Entre eles, un iate, "A Peregrina" no que todos os veráns organiza excursións para altos cargos do PPdeG. De feito, até que chegou á presidencia do Goberno, era habitual a imaxe de Mariano Rajoy deixándose fotografiar canda Pérez Miramontes no seu iate amarrado en Sanxenxo.

Miramontes, detrás de Rajoy, no seu iate A Peregrina nunha das excursións con líderes do PPdeG. Nesta ocasión tamén acudiron Louzán e Ana Pastor
Miramontes, detrás de Rajoy, no seu iate A Peregrina nunha das excursións con líderes do PPdeG. Nesta ocasión tamén acudiron Louzán e Ana Pastor | Fonte: burbuja.info

Esta é unha das denuncias que recolle unha interesante reportaxe de Interviú sobre a central agraria, coñecida como ASAJA en España.

Na información de Juan José Fernández, tamén se recolle como os altos cargos de Xóvenes Agricultores seguen a empregar vehículos de luxo mentres os seus traballadores levan meses sen cobrar.

A redución das axudas da Xunta para a formación provocou despedimentos en case todos os sindicatos do sector, tamén no SLG e Unións Agrarias.

Agora ben, a crise parece que non está a afectar igual aos negocios da cúpula de Xóvenes, unha central vencellada ao PPdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 62 comentarios

6 Tubío R.

Debe ser esgotador, trinta días de consignas e perdestes fronte a AGE. Agora espéranvos dous anos da nova consigna (PP goberna grazas a Beiras) e despois a derrota nas municipais, un día de loito, outro para culpar aos galegos bobos e pérfidos e un terceiro para empezar de novo dicindo que perdestes as municipais por culpa de Beiras, dos galegos bobos e pérfidos, etc. etc. Xa digo, esgotador.

1 Xurxo Lastres

Con quen fala vostede?, a quen se dirixe?

2 galego

que razón tes, compadre!!!

5 A culpa de quen é?

Agora os buitres estan crecidos, grazas a traición de Beiritas!. Beiritas que grande é o seu o gran profesor, o gran intelectual, o gran revolucionario, vostede e a outra a da perruqueria. Goberna a dereita.

4 galiza ceive

galiza ceive

3 Carlos de Arca

Que vergoña!! Espero que o Sindicato Labrego Galego siga adiante que nin estes parásitos do PP nin os mafiosos da UPG poidan impedir un sindicato ceibe e socialista

1 a culpa de quen é?

Estes cans falan da upg asi, cheirame a cadelo, cheirame a "izquierda la unida"

2 antiburras

SLG? Os beiristas que fixeron unha purga estalinistas, un ERE e acabaron de sucursal do españolismo agrario? Foron o precedente da gran estafa de Beiras ao electorado galego. Votaban Birrias e elixiron Cayolaras

3 galego

para os do BNG que tilda a EU de españolista. gustaríame saber que opinan de que o seu partido este a gobernar en Cee cun partido tan nacionalista como é o PP. Culpade a quen vexades, pero primeiro limpiade o voso eido

4 carballo

Xa non estan no BNG, estan en CxG, pero é que o anterior alcalde está en proceso xudicial,e tiveron que aliarse para a ocasión.As veces as vilas non entenden de alta politica, entendeo.

5 peidoceibo

Prorebuzno: eu xa teño os meus e, polo que leo. bastante maos CI que vde. polo tanto, non me pode enganar beiras e xa hai un tempo que deixaron de facé-lo os ineptos dirixentes da UPGBNG......Votei a AGE sen ter que ollar para o outro lado como nas anteriores (son votante sempiterno do BNG e quéro-lle ben á maioria dos seus militantes... Xerifaltes e Antiburras do BNG, acabouse-vos o chiringuito, e para sempre, de serdes a esencia patrimonial do único nacionalismo galego (e como fedia a tal esencia, por certo..!!).

2 carballo

Qué pensará desto a secretaria de ASAJA en Carballo, Margarita Varela e concelleira na oposcion polo PP, que xa está preparando ir o Congreso ( cando haxa unha vacante claro, ) parasitos!!

1 carballo

A tal Margarita endexamáis se viu noutra igual, ah e o marido tamén empregado na oficina local. E o agro galego esmorecendo, non queriamos mercado común e Unio Europea?

2 Por outro carballés

E o peor e que vas a lles facer calquera consulta á agraria e non teñen nin "pajolera" idea de nada. Sácalos de cubrir catro papeis para mandar animais ó matadeiro e están completamente perdidos. E dicir, non saben nada do seu traballo pero aínda teñen tempo para diversificar a producción adicándose a tarefas políticas.

3 carballo

Agora que o mentas paisano, unha que està na agraria en Carballo tamén foi concelleira polo PSOE e o home empregado no INEM local, per bueno as súas oposicions aprobarían, tampouco nos pasemos jaja semellamos a GESTAPO jaja

4 carballo

Rectifico, o marido da Margarita está na oficina da agraria de Carballo.

5 outro carballés

Claro que seguramente por iso teñen as oficinas tan preto das do antigo INEM. Así failles máis xeito mandar Labregos e Gandeiros á cola do paro.

6 carballo

Tendrias que ver o novo parlamentario Nuñez Centeno polas mañans médico do Sergas e pola tarde á súa consulta privada, e médicos en paro,e hala, agora deputado, outro que tal baila, esto é vergoñento!

7 xan das bolas

núñez centeno a las doce de la mañana todos los días abandona su consulta, va a dar sus paseos por el pueblo (es fácil verlos) toma unos cafés en el arcos todo esto es horas de trabajo, y por la tarde consulta privada. será este el nuevo gran defensor de los bergantiñans? hai que joderse

8 carballo

E eso qué non somos periodistas de investigación eh!! JAJAJA