Un 'roteiro' audiovisual pola vida de Carvalho Calero no 30 aniversario do seu falecemento

O Consello da Cultura propón repasar a traxectoria vital da gran figura do reintegracionismo e unha peza central na engrenaxe da historia literaria de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2020 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

Un percorrido pola biografía de Carvalho Valero. Con motivo do 30 aniversario do falecemento do intelectual ferrolán, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, o Consello da Cultura propón repasar a traxectoria vital da gran figura do reintegracionismo e unha peza central na engrenaxe da historia literaria de Galicia.

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero | Fonte: RAG.

Henrique Rabuñal, estudioso da vida e obra de 'Don Ricardo', asina unha biografía que traza o perfil literario, profesional e humano do profesor ferrolán, desde a represión en tempos do franquismo ata a súa defensa dunha lingua culta e en pié de igualdade co resto de idiomas, que derivou finalmente no seu defensa da reunificación co portugués.

Rabuñal propón, á súa vez, un 'roteiro' polos espazos centrais da vida de Carvalho Calero, desde a súa casa natal en Ferrol ata a estación de tren de Lugo, onde se despediu da súa familia en 1936 para ir a Madrid e onde, seis anos despois, abrazou por primeira vez á súa filla tras quedar cercado na capital pola Guerra.

Todo iso estará acompañado por fotografías de Moncho Rama, do arquivo documental do Consello da Cultura e da Real Academia Galega, e de pezas de audio da Colección O Facho nas que o propio Carvalho traslada a súa opinión sobre o galego e o portugués, Castelao, Otero Pedrayo e outros galeguistas da época.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta