Campaña de Queremos Galego!: "Señor Feijóo, exerza de presidente e fálelle á Galiza en galego"

'Queremos galego!' lémbralle á Xunta que ten a "obriga" de transmitir as súas mensaxes no idioma galego.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2020 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

A plataforma Queremos galego! vén de iniciar unha recollida de firmas para que as informacións e mensaxes das autoridades públicas nestes momentos de crise sexan transmitidas en galego. "É un dereito e unha necesidade básica para o conxunto do pobo galego que debe ser correspondido polas autoridades públicas", entenden.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de titulares autonómicos. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de titulares autonómicos. XUNTA

Dende a plataforma recórdanlle á Xunta, así mesmo, que dirixirse na lingua do país é unha obriga dos poderes públicos galegos, tal e como sinala o artigo 5 do Estatuto de Galicia. E isto mesmo tamén forma parte das "responsabilidades" dos seus representantes, "en primeiro lugar do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e nomeadamente cando se trata de informacións sobre cuestións que afectan de xeito fundamental á súa vida presente e futura como acontece na actualidade", lembran.

A LINGUA GALEGA, EXCLUÍDA NOS MOMENTOS TRASCENDENTES

Porén, segundo indican, a lingua galega está a ser "excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas", tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta, que "abandona o uso do idioma no exercicio das súas funcións precisamente nos momentos de maior transcendencia". Dende a plataforma Queremos Galego! recorda que agora, nunha situación de crise sanitaria, "a lingua galega non deixou de ser a lingua propia de Galiza e continúa a ser válida para a comunicación coa cidadanía".

Usando reiteradamente o castelán, o presidente da Xunta "redunda no xa coñecido e falso prexuízo que considera o galego unha lingua que só serve para funcións limitadas e inútil para o realmente importante", falan no comunicado. Por iso, adverten de que desprezar o galego "non só non contribúe á loita contra a epidemia senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua". 

"EXERZA DE PRESIDENTE E FALE EN GALEGO"

Mandan, pois, unha mensaxe directa a Núñez Feijóo: "Vostede é o presidente de Galiza e débese ás galegas e galegos antes que a ninguén. Negar a utilidade do galego, renunciando a usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise. Exerza de Presidente, tome todas as medidas necesarias para preservar a nosa integridade e saúde e fágao en galego, a lingua do seu pobo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

2 fukolois

Guizan del riego o del surco. Te aclaras? Ah!,... eres bilinghue!!

1 Guizan do Rego

La gente muriéndose, yéndose al paro, confinada en casa o esforzándose por salvar a los enfermos, y los de siempre con la imposición del gallego.

1 Alienao

Nin que foras o mesmiño presidente "de la Junta de Galicia". Demagoxia para tempos de excepción.

2 Xabrega

Típica resposta do "yo no soy ni de derechas ni de izquierdas.... PERO...". Nin caso, troll españolista detectado. Con pandemia ou sin ela ó presidente de Galicia págaselle pra que use e defenda a lingua propia da Galiza: o galego. Pero como só é un colonizado alienado con complexo de madrileño enfatiza o uso da lingua do Imperio porque sempre será un cínico seminarco...

3 Loladh

O Galego que tanto vos estorba é parte de min; sen Galego non existo, non podo pensar, non son.

4 Xose M

E ti que fas lendo periódicos ou indo a compra? Unha cousa non quita a outra. Todos estamos confinados na casa e preocupados polo que pasa, pero o Presidente dos galegos debe falar en galego para os galegos. Logo se quere que faga o mesmo en castelan. É i presidente de Galicia e mal que che pese, temos unha linhua e cultura propias que vale para falar de todo: do amor, do medo, da solisatiedade e tamén do coronavirus. Que mire menos a Madrid e mais cara os galegos.

5 Indignado

Será que o castellano salvaríalle a vida... Se forades rascar o carallo co voso ridículo acento de Valladolí e nos deixáredes en paz os demais.

6 Falando como os de Valladolí

A única imposición que hai é ese ridiculo acento de Valladolí