Xa son 44 os falecidos tras so xoves negro que deixou dez mortes

Xa hai unha nova vítima este venres, un home de 90 anos ingresado en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/03/2020 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A morte dun home de 90 anos de idade ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra eleva a 44 as vítimas mortais que deixa en Galicia a pandemia de coronavirus. As autoridades sanitarias informan de que este paciente fora diagnosticado de coronavirus, pero tamén presentaba patoloxías previas.

Este xoves, a xornada que ata o momento deixou máis mortes relacionadas co COVID-19 en Galicia, faleceron un total de dez persoas: oito homes e dúas mulleres, todos eles tamén con patoloxías previas.

En concreto, morreron dous homes de 84 e 97 anos de idade ingresados en Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac); outro de 63 que estaba no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo) e outros 81 anos de idade que era asistido no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

Tamén morreron un home de 74 anos de idade que estaba hospitalizado no Montecelo de Pontevedra, outros dous de 87 anos atendidos no Complexo Hospitalario de Ferrol (Chuf) e no Policlínico A Rosaleda, e outro de 57 que era atendido no Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Pola súa banda, no Policlínico A Rosaleda morreu unha muller de 89 anos e no Chuac outra de 72 anos. O mércores faleceron seis homes, un deles sen patoloxías previas destacadas, que tiña 84 anos de idade e estaba ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira, do municipio coruñés de Cee.

Ademais, morreron dous homes de 82 anos de idade ambos e outro de 81 anos, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) ; outro home de 74 que era atendido no Hospital Montecelo de Pontevedra e outro home de 63 anos que estaba no Hospital Universitario de Ourense.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta