Así está a contaminación en Galicia polo COVID-19: Baixa a de polución pero sobe a lumínica

En Galicia a maior parte da polución atmosférica procede das empresas enerxéticas que queiman combustible fósil para producir electricidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/03/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A redución do tráfico desde a declaración do estado de alarma fixo caer notablemente os índices de polución por combustible fósil procedente de vehículos. Isto non só aconteceu en cidades como Madrid e Barcelona, senón que este fenómeno se repite en todos os núcelos urbanos, incluídos os galegos.  Os niveis de contaminación a nivel estatal reducíronse unha media dun 64%. No caso de Galicia non existen datos concretos por parte de organismos públicos como a Consellería de Medio Ambiente ou Meteo Galicia.

Mapa da contaminación en España durante a crise do COVID-19
Mapa da contaminación en España durante a crise do COVID-19

“Os niveis de contaminación atmosférica en Galicia xa viñan caendo desde antes da crise do coronavirus” di Fins Eirexas de Adega. Os motivos, apunta Eirexas, é que os prezos do CO2 estaban moi altos e esas empresas decidiron reducir a produción polo alto prezo dos gases de efecto invernadoiro.

As posibles consecuencias que pode ter esta caída da polución a curto prazo son aínda descoñecidas. “Cando se levante o estado de alarma todo volverá a ser como antes, mesmo a actividade industrial poderá aumentar moito pola demanda de determinados produtos” sinala Eirexas.

Non obstante, se ben a contaminación atmosférica se reduciu, a que non experimentou unha baixada foi a contaminación lumínica. Os índices seguen a ser os mesmos con consencuencias “sobre o medioambiente e por tanto sobre as persoas”. Este tipo de polución necesita da produción de enerxía e está gastando, por exemplo, en polígonos industriais ou aulmando estradas que agora mesmo son espazos baleiros. Tamén se ve necesario considerar que esta redución non debera ser algo anecdótico, como di Eirexas eses índices deberan ser rebaixados de maneira constante no tempo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta