As outras vítimas desta crise: refuxios e protectoras de animais quedan se recursos

Animalista piden á Xunta "propostas de urxencia" para apoiar a protectoras de animais, refuxios e clínicas veterinarias.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/04/2020 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

A Fundación Franz Weber e Libera enviaron aos gobernos autonómicos de Galicia e Castela e León unha carta con "propostas de urxencia" que poden contribuír de forma positiva ao apoio de entidades protectoras, refuxios e clínicas veterinarias que seguen funcionando pero que viron mermada a súa capacidade económica como o atraso no pago do IVE ou os custos laborais.

Segundo o coordinador da Fundación Franz Weber en Galicia e Castela e León, Rubén Pérez Sueiras, nos últimos tempos apareceron nos medios de comunicación informacións acerca das débedas que arrastran algunhas destsa ONG a causa do pago de atencións veterinarias, alimentación, actuacións de rescate e persoal laboral para atender centros autorizados.

Ademais, a situación viuse "agravada" ao non poder realizar actividades que reportaban ingresos, como mercadillos ou actos de responsabilidade social corporativa con compañías do sector da alimentación e farmacia veterinaria, ademais de que se constatou un descenso do número de persoas asociadas a estas organizacións.

A xuízo da FFW e de 'Libera' se as entidades protectoras, con refuxio e casas de acollida sofren unha diminución dos seus ingresos, ponse "en risco todo un sistema solidario de recollida e rescate de animais, de adopcións e de atencións a miles de cans e gatos" que non reciben apoio algún por parte dos gobernos autonómicos.

A Fundación Franz Weber propuxo no ámbito fiscal, traballar para que a ONG poidan pospor o pago de impostos varios, como o IVE ou os custos laborais do persoal contratado ata principios de 2021, co obxectivo de desafogar a carga de gastos que asumen estas entidades en período de confinamento. No caso de Galicia solicitouse o incremento da partida xa existente, ata os 600.000 euros co mesmo obxectivo. Propúxose ademais que tanto a Xunta de Galicia como a Xunta de Castela e León avalen ás débedas xeradas polas entidades protectoras

Can / ROYAL CANIN/MASCOTEROS SOLIDARIOS - Arquivo
Can / ROYAL CANIN/MASCOTEROS SOLIDARIOS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta