A conselleira de Política Social e o vicepresidente da Xunta comparecerán no Parlamento

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2020 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparecerán na Deputación Permanente da Cámara galega, para explicar a situación de Galicia na crise sanitaria polo covid-19.

Ambos os conselleiros, a través da Dirección Xeral de Relacións Institucionais Parlamentarias, rexistraron unha petición de comparecencia neste órgano que está de garda, xa que o Parlamento quedou disolto o pasado 11 de febreiro, na mañá deste mércores.

Con esta petición xa non será necesaria a celebración dunha Deputación Permanente previa, como tamén pediu por rexistro a oposición un pouco antes nesta mesma xornada, aínda que publicamente os distintos grupos parlamentarios xa esixiran que Fabiola García acudise á Cámara a explicar a situación das residencias, con varios centos de infectados por coronavirus entre traballadores e maiores.

Fotos Xunta Politica Social Vicepresidente Segundo E Ministro De Dereitos Sociais. Xunta de Galicia
Fotos Xunta Politica Social Vicepresidente Segundo E Ministro De Dereitos Sociais. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Ás 23:47 horas Nin siquera temos Parlamento en Galicia ? http://www.parlamento.gal/

1 Gamela

Volvemos ter Parlamento ! http://www.parlamentodegalicia.es/A...