Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/04/2020 | Actualizada ás 11:23
Gadis daralle ao persoal dous días de descanso a maiores durante a Semana Santa, tras anunciar que non abrirá o Xoves Santo, para “salvagardar a saúde das persoas e contribuír á prevención e contención do virus”. A Federación de Servizos de CCOO de Galicia considera positiva esta medida, tal e como pedía este sindicato.
Tamén di que é “moi oportuna” a achega dunha gratificación ás súas traballadoras e traballadores, como xa fixeron outras marcas, “para compensar o sobreesforzo, entrega e xenerosidade amosada por un persoal que leva traballando ao límite desde o inicio desta crise”.
A través dun comunicado, a Federación de Servizos de CCOO agarda que estas medidas sexan implantadas polo resto de empresas do sector, supermercados e hipermercados, e mais que atendan a demanda de non abrir os domingos.
Por último, CCOO insiste na necesidade de que a Xunta de Galicia derrogue "decontado" a medida adoptada mediante a resolución do pasado 15 de marzo, pola que liberaliza os horarios dos establecementos de primeira necesidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.