'Afundación en casa' programa unha charla sobre "oportunidades" tras a crise do coronavirus

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2020 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

'Afundación en casa', o programa da Obra Social de Abanca para proporcionar contidos durante o estado de alarma, presentou a nova sección 'Abanca e Ieside asesoran', na que programará conferencias sobre temáticas vinculadas ás materias que se imparten neste instituto de educación superior, sobre economía e finanzas.

En concreto, este venres está programada a charla 'Elementos dunha xestión eficaz da crise: oportunidades e efectos positivos despois do COVID-19', que impartirá a profesora Alba Lema.

Nela, abordará algúns dos principais desafíos na xestión da comunicación interna das compañías, a reorientación de negocios e, mesmo, un novo cambio no paradigma actual. A profesora propón enfocar esta experiencia como "un reto que se converta nunha vantaxe competitiva á hora de comunicar dun modo seguro e que transmita confianza".

Arte en Afundación.
Arte en Afundación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta