"Buscamos non deixar a ninguén atrás nesta crise", di o delegado do Goberno central en Galicia

Lembra as medidas que se puxeron en marcha para autónomos, traballadores, afectados por ERTE ou pymes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2020 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, subliñou que o Executivo central busca "non deixar a ninguén atrás" durante a crise sanitaria polo coronavirus COVID-19. Así o destacou nun comunicado, no que explica que por iso o Executivo aprobou unha serie de medidas, que inclúen "axudas extraordinarias para persoas empregadas do fogar e contratos temporais".

En concreto, o Goberno crea unha nova axuda por emprego no fogar. Esta "serve a quen sufran un cesamento ou redución de actividade", sinalou a Delegación, que engade que está previsto que poidan percibir ata o 70% da súa base reguladora mentres dure esta situación.

Ademais, existe unha achega para aquelas persoas que tivesen un contrato temporal de duración de polo menos dous meses que extinguido tras a declaración do estado de alarma e que non alcancen o período de cotización mínimo para percibir unha prestación por desemprego. Poden percibir un subsidio extraordinario equivalente ao 80% do importe mensual do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem), abundaron as mesmas fontes.

ERTE

Unha axuda similar está pensada para quen entren nun ERTE sen reunir os requisitos de desemprego percibirán a prestación, que percibirán as cantidades que lles corresponderían se reunisen os requisitos.

As persoas que si teñan dereito ao desemprego non computarán este tempo de ERTE, é dicir, é coma se o contador se puxese a cero. O Goberno tamén inclúe unha protección do emprego de pemes e autónomos, destacou a Delegación.

Así mesmo, aprobou unha moratoria de seis meses para o pago de impostos a traballadores por conta propia e a pequenas e medianas empresas, ata un máximo de 30.000 euros, que permitirá inxectar 14.000 millóns ao sistema produtivo. E para as baixas temporais, a Seguridade Social abonará o 75% dos salarios.

O delegado do Goberno, Javier Losada, nunha foto de arquivo.. DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo
O delegado do Goberno, Javier Losada, nunha foto de arquivo.. DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo

Os autónomos que accedan á prestación por cesamento de actividade poderán aprazar sen cargo a cota da Seguridade Social de marzo polos días que traballasen. A moratoria de pagos, ademais, inclúe as hipotecas os inmobles afectos á actividade económica de autónomos.

O cobro da prestación será compatible coa exoneración do pago de cotas á Seguridade Social e coa aprobación de ERTE para os seus traballadores, se o autónomo ten asalariados contratados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Para intensificar a loita sanitaria e tomar decisións económicas NON é necesario prorrogar o Estado de Alarma ! O único que fan ben é suspender os dereitos da cidadanía ! https://twitter.com/00Gamela/status... Xa está ben... van pasar a lexislatura a golpe de Decretos !!! Ou levantan o estado de alarma ou que marchen para casa (a ver se lles gusta a súa propia mediciña!) E logo falamos de Vicktor Orban en Hungría ???