Falan as funerarias: "Estanos afectando. Non hai velorio e o corpo vai directamente ao crematorio"

O sector das pompas fúnebres tivo que adaptarse tamén ás novas medidas do Goberno contra o coronavirus. Se xa antes as medidas hixiénicosanitarias eran moi esixentes, agora acabouse por eliminar o velorio e así, “xa non hai ese contacto cercano” entre os familiares e a persoa defunta.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 04/04/2020 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

A morte dun familiar durante os días da corentena contra o coronavirus está sendo menos levadeira do que xa era. As novas restriccións afectan tamén aos tradicionais velorios quedando prohibidos polo menos ata a finalización da corentena.

Cadaleito nun proceso de cremación ou incineación sen un funeral durante o coronavirus
Cadaleito nun proceso de cremación ou incineación sen un funeral durante o coronavirus | Fonte: efuneraria.com

Á parte dos familiares, os e as profesionais das empresas de pompas fúnebres ou funerarias, están vendo como o seu traballo diario tamén sufre alteracións durante estes días. “Estanos afectando, si, porque pasamos malos momentos coas familias” din desde a Funeraria Apóstol. “Non poder facer o velorio é algo duro de levar para as familias porque non poden ver ao seu ser querido”.

A afectación aos e ás profesionais das pompas fúnebres vén motivado sobre todo, por ser eles quen transmiten a información aos familiares de que non poden asistir ao tanatorio. “Hai que afrontalo con profesionalidade, explicándolle á familia a situación” din da funeraria. “Debemos explicarlle que temos a obriga de cumprir cunhas leis estrictas, que non pode haber excepcións”.

Sempre se actuou en base á policía sanitaria mortuoria, que sempre regulamentou o sector funerario”. Esta policía ten as súas tarefas definidas legalmente no BOE. Non obstante, a Xunta de Galicia emitiu no DOG do pasado 26 de marzo de 2020, unha serie de novas medidas que buscan o reforzamento das medidas de seguridade no manexo de persoas contaxiadas coa COVID-19.

Agora os EPIs deben usarse en todo momento, o mesmo que xel desinfectante e outros insumos, o que obviamente, incrementa os gastos da empresa. Tamén, a presenza dos e das empredadas da empresa mortuoria con traxes de seguridade non permite “ese contacto máis humano coas familias, para poder acompañalas no dó”. Ademais, os trámites burocráticos agora poden resolverse de maneira telemática. “Agora o cadaleito vai pechado directamente á sepultura ou ao crematorio, por iso cremos que xa non hai moitas máis medidas que tomar”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A cidadanía debera recuperar o control da súa VIDA !!! (e tamén da súa morte !) Non aceptemos máis tutelas dun Estado Autoritario e Policial !!! #Liberdade25Abril Non máis prórrogas ao confinamento da poboación !!! https://youtu.be/gaLWqy4e7ls?t=40s