Dous feridos en senllas saídas de vía en Camariñas e Paderne

A saída de vía de Camariñas debeuse a unha mancha de gasoil na calzada.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/05/2025 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas a centros sanitarios en senllos accidentes de tráfico ocorridos nas últimas horas nos municipios coruñeses de Camariñas e Paderne, segundo informou o Consorcio Provincial contra Incendios e de Salvamento da Coruña.

Así, os bombeiros do parque comarcal de Cee tiveron que acudir á estrada que conecta Ponte do Porto con Camelle, no termo municipal de Camariñas, despois de que un vehículo saísese da vía debido a unha mancha de gasoil na calzada. Como consecuencia deste accidente, resultou ferida unha persoa, que foi evacuada en ambulancia, aínda que non necesitou excarceración. Ademais dos bombeiros, participaron no operativo a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os servizos de mantemento da vía.

Por outra banda, na mañá deste venres produciuse outra saída de vía, con envorco, no punto quilométrico 7.600 da estrada AC-164, en Paderne. No dispositivo participaron bombeiros do parque de Betanzos e Garda Civil, ademais dos servizos sanitarios, que trasladaron á condutora.

Saída de vía e envorco dun vehículo no municipio coruñés de Paderne
Saída de vía e envorco dun vehículo no municipio coruñés de Paderne | Fonte: CONSORCIO BOMBEIROS E DE SALVAMENTO A Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta