Feijóo non fala coa oposición pero si con representantes de comunidades galegas no exterior

Di que hai axudas a súa disposición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2020 | Actualizada ás 22:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo unha videoconferencia este luns con representantes da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para seguir o impacto do coronavirus no exterior.

Neste encontro, participaron o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, e diferentes membros no exterior.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, o obxectivo é actualizar a información que o Goberno galego recibe periodicamente sobre os galegos en Arxentina, Uruguai, Venezuela, Cuba, Brasil, Alemaña, Suíza, Portugal e comunidades autónomas como Andalucía, Castela e León, Cataluña e Comunidade Valenciana.

O presidente da Xunta trasladou que se traballa para axilizar as axudas de carácter social co obxectivo de que estean dispoñibles canto antes para os galegos con menos recursos fóra de Galicia.

Feijóo en videoconferencia con galegos no exterior. XUNTA
Feijóo en videoconferencia con galegos no exterior. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta