Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2020 | Actualizada ás 18:50
A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, súmase á petición de "permitir que os nenos saian" de casa "de forma controlada e baixo certas condicións" no actual contexto de confinamento derivado da emerxencia sanitaria.
A líder do partido laranxa en Galicia lembra que esta medida será defendida o vindeiro mércores polo Grupo de Ciudadanos no Congreso.
A portavoz do partido laranxa avoga por que esta se leve a cabo de maneira "controlada", coa asistencia dun só adulto e "cumprindo coas medidas de distanciamento social e de acordo ás recomendacións sanitarias".
"Tras máis dun mes de confinamento, é momento de devolver ás familias españolas o esforzo que realizaron nestas semanas tan duras", engade Pino.
Ademais, lembra que estas saídas controladas dos máis pequenos contan coa experiencia de países da contorna e co apoio de presidentes autonómicos —entre eles o da Xunta, Alberto Núñez Feijóo—, do Defensor do Pobo e "de numerosos psicólogos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.