Alertan do "agravamento" de problemas de saúde mental pola prolongación do confinamento

Feafes realizou 1.126 atencións presenciais en domicilios na segunda quincena.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

As entidades que conforma Saúde Mental Feafes Galicia alertaron este luns do "agravamento" detectado nos problemas de saúde mental derivado da prolongación do proceso de confinamento.

A través dun comunicado, a entidade explicou que, mentres que nas primeiras semanas mantívose unha fase de atención informativa para "adaptarse á nova realidade", co alongamento das medidas comezaron a "xurdir incidentes de maior complexidade".

Neste período, as entidades atenderon máis de 7.600 intervencións psicolóxicas, 575 atendidas por profesionais de psicoloxía, e teñen rexistrados 117 incidentes.

Aínda que se está priorizando a atención sen contacto, o agravamento da situación levou a, naqueles casos nos que é necesario, realizar atencións presenciais en domicilios, 1.126 nesta segunda quincena. A maioría delas teñen que ver coa necesidade de supervisión directa á persoa usuaria ou á súa familia, a necesidade de intervención psicolóxica directa, mediacións familiares ou subministración de medicación e alimentos. Realizáronse tamén 233 acompañamentos presenciais a centros de saúde, farmacias, saídas terapéuticas, xestións ou compras.

Noutra orde de cousas, Fesfes Galicia destacou o "impacto diferenciado" que está a ter esta "complexa situación" no ámbito urbano e no rural. Con respecto ao segundo, obsérvanse "inconvenientes agravados" como o limitado acceso a Internet, a distancia con servizos médicos ou o illamento social.

Anciá que vive soa e que busca compaña en momentos de soidade ao non poder estar acompaña por outra xente maior
Anciá que vive soa e que busca compaña en momentos de soidade ao non poder estar acompaña por outra xente maior | Fonte: XdM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta