A investidura do Pobo

Centos de persoas manifestáronse diante do Parlamento durante a investidura de Feijóo. Afectados polas preferentes, despedidos de Agader, desempregados e mozos denuncian as políticas do novo presidente. Esta é a crónica que GC fixo da outra investidura, a investidura que estivo rodeada de Policía, chuvia e moita, moita indignación. Vídeos no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 01/12/2012 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

"O pobo é quen máis ordena". Foi un dos berros que saíron da gorxa case sen alento dun ex sindicalista, hoxe xubilado, que case queda sen voz. José agora tivo que volver á loita, e desta volta, non é a unha loita polo traballo ou polos seus compañeiros, senón pola súa supervivencia e á da súa familia. Meteu todos os seus aforros nas preferentes e, agora, ninguén quere ou sabe dicirlle que pasará con eles.

Protesta das preferentes no Grove durante a visita de Feijóo
Protesta das preferentes no Grove durante a visita de Feijóo | Fonte: Todo Grove

Ese berro que José "Zeca" Afonso fixo famoso un 25 de abril de hai 38 anos en Portugal volveu ser o símbolo este sábado dun pobo que non se sinte representado polos seus gobernantes. Uns gobernantes que acudían ao Parlamento galego a apoiar a Feijóo na súa toma de posesión coma presidente, mentres na rúa, con frío e con chuvia, xentes humildes pedían xustiza.

Eran centos, homes e mulleres, novos e vellos. Foron ao Parlamento a saudar ao novo presidente con pitos e berros de dignidade, como fai agora dez anos fixo a sociedade galega durante a crise do Prestige. Afectados polas preferentes, despedidos de Agader e de grandes empresas galegas, parados, afectados polos desafiuzamentos e mozos sen perspectivas laborais.

"Os ladróns somos nós"

"Quen me vai devolver os meus cartos?", preguntaba unha muller case sen voz. "A culpa é toda deles, que non digan agora que é de Bruxelas", dicía outro. "Para nós non teñen cartos pero aos dos bancos ben que lle dan todo o que piden", suliñaba un terceiro. "O responsable de todo isto é o presidente do Goberno. Por iso estamos aquí, para que nos escoite", destacaba outro afectado indignado co trato que están recibindo. "Agora resulta que nós somos os ladróns". Esta é a crónica xeral que GC fixo desa protesta, dese pobo indignado coa súa clase gobernante:

Unidos na dignidade

Todos estaban unidos nas súas peticións, nas súas reclamacións de xustiza, pero moi vixiados pola Unidade de Intervención Policial que crearon un doble perímetro de seguridade diante do Parlamento para evitar as súas protestas. Este era o aspecto da rúa do Horreo unha hora antes de comezar a sesión de Investidura:

A maior parte dos que se concentraron diante da Cámara galega eran afectados polas preferentes que chegaron desde distintos puntos de Galicia. Moitos deles eran incapaces de conter a súa indignación e, político que pasaba, político, que era increpado:

Ningún cargo institucional, dirixente cultural ou social que cruzou pola rúa do Hórreo en dirección a Cámara se salvou de pitos e insultos. Algúns deles mesmo precisaron de protección policial:

Touriño, Ferrín, Aymerich

Touriño e Ferrín foron dos poucos que pasaron polo lado dos manifestantes. Tamén deputados do BNG, como Carlos Aymerich, estiveron toda a protesta con estes colectivos. "Tiñas que volver de novo", espetoulle un dos afectados ao expresidente ao velo entre eles mentres era saludado por Méndez Ferrín, que tamén foi felicitado por algúns deles:

Os dous tiveron que dar a volta para entrar por unha especie de corredor de seguridade. Entón, o que antes eran berros de ánimo, mudaron en insultos duns poucos: 

E dentro, no calor do Parlamento, Feijóo xuraba o seu novo cargo rodeado da 'crème de la crème' da política e das entidades sociais, culturais e empresariais de Galicia. Catro anos máis coma presidente de Galicia para, como el mismo asegurou "combatir o paro", que supera o 21% e que é a súa grande débeda pendente con Galicia. Un cometido para o que pediu a unidade de todos os partidos. Unha unidade que non pediu para o resto da sociedade, esa que fóra protestaba polas inxustizas dos seus gobernantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

3 Un cabreado

Eu votei por AGE e estou moi cabreado. E non son ningún troll. Non vin a ningún deputado de AGE alí hoxe. Vin a varios do BNG, mesmo a Ferrín pasar por alí, pero non vin a Beiras, nin a Yolanda, nin a ningún deles. Non vale iso de falar de revolta social e logo andar a presentar libriños de esbirros do poder.

1 Antifascista

O equipo de AGE estaba máis ocupado esta fin de semana en traballar ou preparar iniciativas como esta: http://anova-galiza.org/index.php?o... , que en asistir á sesión de investidura de Feijóo, máis se non sabían o que ía ir ás portas. De feito acudir por alí un día que non teñen actividade parlamentar paréceme máis oportunismo político. Eles xa se reuniron cos afectados polas preferentes onte,antes ca ninguén: http://anova-galiza.org/index.php?o...

2 Un cabreado

A min non me vale a política de oficina ou de notas de prensa. A min váleme estar coa xente. Para iso xa estaba o BNG e por iso non os votei. Eu quero que lle devolvan os cartos a meus pais. E non sei se houbo xuntanza ou non. A min ninguén me dixo nada e son dunha das plataformas. Non vin nada publicado. Anova desque entrou no Parlamento anda media anestesiada; debates de café, non se contesta nas redes e por riba Beiras facéndolle as beiras os fascistas de La Voz. Así NON

3 Bandeira

Logo de tanto éxito como doen as críticas. Mira "antifascista", a manifestación diante do Parlamento foi o 1 de decembro, a iniciativa parlamentar da que falas no teu comentario é do 30 de novembro, que queres dicir, que non asistiron os de AGE porque estaban cansos logo de escribir dous fóleos o día anterior, meu deus; ou acaso ningún dos 9 de AGE tiña libre ese día, claro como algún aínda de Deputado e Concelleiro ao mesmo tempo, iso que a súa política non era de despachos, agora compréndese que quixesen uns despachos moi grandes -primeira iniciativa de AGE no Parlamento Galego-.

2 Altermundista

AGE (igual que o BNG)decidiu non participar na toma de posesión de Feijoo. A min non me interesa o que fai o profesor Beiras no seu tempo libre,pero imaxino que ir á presentación do libro de Domingos Sampedro sobre a subida política de Feijoo non é mala idea

1 de Marineda City

Nin comer con Fraga coa delirante aspiración de que o sinalase como delfín foi má idea, nin intentar desaloxar o reitorado a berros polo teléfono do reitor cando uns rapaces se encerraran contra a LOE. Beiras nunca ten malas ideas

2 queideas

E logo Beiras estivo 1º no PP, para que o sinalara Fraga como Delfín?? En que ano foi iso?

1 Alteranonadado

Beiras estaba na presentación do libro da Voz de Galicia: "FEIJOO, DE GESTOR A PRESIDENTE". Pasen e vexan. Non é un fake: http://www.lavozdegalicia.es/notici... http://media.lavozdegalicia.es/scal...