PPdeG, críticos do PSdeG e Beiras na presentación dun libro de La Voz sobre Feijóo

Ningún representante do BNG, nin membro da dirección socialista acudiu a este evento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2012 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Só faltou o protagonista do libro. Polo demais, destacados dirixentes da cúpula do PPdeG déronse cita este venres no Hotel Monumento San Francisco de Santiago para presentar unha obra patrocinada por La Voz e realizada polo xornalista Domingos Sampedro sobre a figura do presidente da Xunta; "Feijóo, de gestor a presidente".

Presentación do libro sobre Feijóo
Presentación do libro sobre Feijóo | Fonte: V.M-La Voz

Alí estaban os conselleiros de Educación, Jesús Vázquez; e de Traballo, Beatriz Mato; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; ou o portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy. E, xunto a eles, o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, acompañado tamén polos exdeputados socialistas José Manuel Lage, Mar Barcón e Modesto Pose. Non había ningunha representación do BNG nin da actual dirección socialista. Ambos os dous partidos están moi enfrentados coa actual dirección deste medio. Tampouco estaba a líder de EU, Yolanda Díaz.

"Cubrir un baleiro"

Segundo informa La Voz, este libro "ven cubrir o baleiro que existía no tratamento bibliográfico sobre a traxectoria política de Alberto Núñez Feijoo" e congregou  a "un amplo e plural elenco de representantes da vida política e social de Galicia". 

No acto, ademais do autor do libro, interviñeron o alcalde de Santiago, Angel Currás; e o director de La Voz, José Luís Vilela, quen destacou a "intensidade de arriba abaixo" que Sampedro imprimiu ao seu traballo. Pola súa banda, Currás destacou a "gran achega de Feijoo á política galega é que conseguiu darlle á xestión un valor político".

Con todo, Sampedro puntualizou que o libro "non é exactamente unha biografía sobre Alberto Núñez Feijoo" senón unha crónica dos feitos contada a través de múltiples testemuños que os viviron. "Se Feijoo quixese facer unha obra tutelada, probablemente pensaría noutra persoa", ironizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

26 Rayleigh

Esto é o que pon un intervinte neste artigo referíndose ó BNG:"pensachedes en que habia que gobernar" CLARO!! Esta frase creo que explica a clase de xente que te podes atopar no nacionalismo galego e o que pasou cando o BNG chegou a Xunta. Están por amor ó arte. Están en política para pasar o rato. GOBERNAR GALIZA?? Pero que me dis!!?? Mellor que goberne o PP que está máis preparado para que eles poidan facer o papel de "rebeldes inmaduros opoñentes" que mola mais. Teñen razón: que goberne o PP polos séculos dos séculos. Que un partido galego goberne Galiza? Para que? Algúns van de nacionalistas galegos chungos e non son máis que uns acomplexados que arrastran un complexo de inferioridade brutal incapaces de gobernarse eles mesmos. Grazas por definirse. Moi ilustrativa tamén a defensa que están facendo de LA VOZ...

25 Carlos Fabeiro

Agora(logo das eleccións)dan risa os ciber upg,pero durante moitos anos estas acusacións,estes pellizcos de monxa ou maledicencias de crego tiñan un poder fatal.No canto de debates ideolóxicos era a fidelidade á secta o que salvaba ou condeaba,así que supostas debilidades de carácter ou presuntas infidelidades remataban con a vida política de grandes patriotas galegos. Así funciona a UPG

1 Grorbeira

Xa, o problema que algúns só ven a palla no ollo alleo, e non me refiro á UPG precisamente.

24 Hass

O despacho do Parlamentiño vaille pequeno, quer un máis grande!! Que ben se está na moqueta. E agora vai á presentación da alegoría dun fulano ao que chama Nazi..! Que alguén mo explique. Errei no voto

23 G. Liñares

É difícil de comprender que estivera Mar Barcón, non só pola campaña pro PP da Voz, senón que ademáis o seu home é un dos xornalistas despedidos da Voz.

22 Un novo beirista

Realmente cómico. E menos mal que Beiras non se fixo coa maioría porque senón ata dirian que fixo trampas nas votacións. pedirlle explicacións a Beiras de por que vai ou non vai a un acto calquera é tanto como non ter nen idea de quen é Beiras. a este político ou o tomas ou o deixas, non hai termos intermedios. isto deberian sabelo todos eses internautas que se botan as máns á cabeza porque Beiras vai á presentación dun libro sobre Feijóo. Por que non esperaran a que escomence a lexislatura e poidan analisar se Beiras é coherente ou non coas cousas que dixo en campaña?

1 ssss

Efectivamente tes razon en moitas cousas, que podemos agardar de Beiras que unha vez mais traiciona os seus compañeiros- que non subditos- xa leva polo menos catro partidos e un decir, en que deixou co cú o aire os seus camaradas, ou tamen vai a ter a secta (UPG) das pasadas de rosca do sr, Beiras?

2 anonimo

Erache boa que non poidera ir á presentación dun libro! Ide co voso sectarismo para outro lado.