Lévanlle o coche en Ferrol por non ter o freo de man posto e póñenlle unha multa por protestar

.Denunciados por aproveitar a corentena para o marisqueo furtivo en Ferrol

Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 23/04/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Ferrol (A Coruña) tramitaron nas últimas horas propostas de sanción con respecto a 17 persoas por incumprir o Real Decreto do estado de alarma e saltarse o confinamento.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Entre elas está un veciño cuxo vehículo fora retirado polo guindastre, despois de que se desprazou por non ter accionado correctamente o freo de man cando estaba estacionado. O home presentouse en dependencias policiais para recriminar aos axentes que retirasen o seu coche e chegou a ameazalos, advertíndolles de que estaban "sentenciados".

Tamén dúas mulleres e un home que, ademais, foron sorprendidos mariscando de forma ilegal. Segundo informaron fontes do Concello de Ferrol, a Policía Local sorprendeu a este tres persoas na zona de Caranza, preto do Auditorio, e comprobou que carecen de licenza para esta actividade extractiva.

Así, tras requisarlles varios quilos de ameixas e os utensilios que estaban a utilizar (que foron entregados ao vixiante da confraría), tramitáronse dilixencias para denuncialos por incumprir o confinamento e tamén por marisqueo ilegal.

Entre as persoas denunciadas nas últimas horas tamén está un peón, que foi interceptado na Estrada de Castela, e que argumentou que vivía en Catabois, e que fora á Gándara a comprar tabaco. Ao informarlle de que sería proposto para sanción, replicou que "o Goberno permite o desprazamento dos menores e, por tanto, tamén dos adultos".

Así mesmo, foi denunciado un mozo que saíra en patinete "a dar unha volta" e unha muller que estaba na vía pública e que explicou aos axentes que volvía de facer a compra. Con todo, os policías comprobaron o tiquet e constataron que xa facía unha hora que a muller fixera esa compra e estaba a demorar o regreso ao seu domicilio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta