O nacionalismo e independentismo, contra a Constitución

Anova denuncia que se nega a Galicia como nación, O BNG di que "non serve" para a soberanía e Nós-UP sinala que foi concedida por unha "ditadura militar".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/12/2012 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

As principais forzas nacionalistas e independentistas galegas estan disconformes coa actual Constitución española. Aseguran que "non é útil" para as necesidades de Galicia coma pobo nin para os dereitos laborais e sociais dos cidadáns.

Acto do BNG a prol da soberanía galega
Acto do BNG a prol da soberanía galega | Fonte: BNG

Anova asegura que a actual Constitución "nega a Galicia como nación" e denuncia que os que piden "máis debotos" para a Carta Magna, "violana un día si e outro tamén". "No día en que se celebra a Festa da Constitución Española, Anova - Irmandade Nacionalista quere reiterar a convicción de que o benestar da maioría social galega require a plenitude dos dereitos individuais e colectivos como pobo", sinala nun comunicado.

Por iso, aposta, desde a loita social e as institucións, "pular pola liberdade, igualdade e fraternidade para a cidadanía e polo exercicio da soberanía plena para a nosa nación". Así, aclara que a "liberación nacional e social son indisociábeis nunha nación sen estado".

"Non serve"

Por outra banda, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou este xoves que a Constitución española "non serve para resolver os problemas" de Galicia porque a "soberanía é a chave para a conquista da Galiza que soñamos e á que temos dereito”.

Nun acto celebrado polo BNG no que se pedía máis soberanía, Vázquez destacou que “hoxe non temos nada que celebrar e si moito que reivindicar”. "o nacionalismo galego non o apoiou a Constitución de 1978 porque tiña máis de continuísta que de rupturista e polos límites que impuña ao recoñecemento xurídico-político das nacións do Estado, e xa que logo da soberanía nacional”, sinalou.

O líder do BNG destacou que a soberanía das nacións, a democracia e os dereitos das clases populares "non atopan amparo nesta Constitución”. "Hoxe, 34 anos despois, nada temos que celebrar e si moito que reivindicar: a soberanía, a democracia, os dereitos que non atopan abeiro nin protección nesta constitución”, apuntou.

Foi "imposta"

Tamén a organización Nós-UP denunciou que a Constitución española foi concedida pola "ditadura militar" e "unilateralmente imposta ao povo galego e a outros povos igualmente submetidos a umha soberania espanhola". 

Esta formación insiste en que a Carta Magana é o resultado da "concessom do poder ditatorial nacional-católico" e que foi posible grazas ao papel de forzas reformistas como o PSOE e o PCE, "as suas posiçons opositoras para se integrarem no sistema de liberdades limitadas e vigiadas que deu continuidade ao projeto imperialista e capitalista espanhol de sempre".

Nós-UP insiste en que a saída da crise pasa pola "superaçom do modo de produçom capitalista" no que se sustenta a actual monarquía española e, por iso, pide o "rejeitamento dun texto constitucional que impom graves restriçons de dereitos sociais e económicos fundamentais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Souto

Son coruñés, galego, español, europeo, euroasiático, mundial e galáctico por eso son do Real Madrid e descendente directo dos Neandertales. Viva la Consitución española, viva la Constitución de Cádiz, que viva la pepa, que viva la madre que te parió.

1 ssss

Ti o queres, é inutil mental

4 Akribéstaton

A anti-democrática constituição de 1978 é o elemento mais democrático da ordem institucional do Estado espanhol.

3 Ruano

4 colgados y dos gatos. Eso fue todo.

2 Kike

Eu son santiagues galego pero ante todo son español . E estou orgulloso da nosa democracia e da nosa Consitucion . Y lo digo tambien alto y claro en castellano para que conste . Viva la Constitucion y Viva España !

1 Bruar

Pois moi ben, non cabe menos ca felicitarte. Ti es español e celébralo. Eu son galego e saúdote.

2 CASTRAPO

Non, ti o que eres é un Castelan que vives na Galiza. E o Castrapo, para iso, para decir Graciñas, Carallo, e decir que eres do Real Madrid.

3 PARABENS

Os Galegos damos os parabens aos Españois no seu gran dia.

4 Ferrolano

Yo soy ferrolano y español y la inmensa mayoria del pueblo gallego se siente español, sin no os gusta iros a hernani o renteria aqui el pueblo de galicia no os quiere, que es lo que no entendeis, iros con los terrorists y los catalanes, si no os vais a cansar de ver banderas españolas en los balcones de galicia, la bandea española es nuestra y yo la uso en la ropa y la pongo en el balcón cuando juega españa, por cierto sois cuatro marginados sociales, que confirman la regla aqui en galicia, todo tranquilo galiciaxespaña.

5 Ferrolano

Yo soy ferrolano y español y la inmensa mayoria del pueblo gallego se siente español, sin no os gusta iros a hernani o renteria aqui el pueblo de galicia no os quiere, que es lo que no entendeis, iros con los terrorists y los catalanes, si no os vais a cansar de ver banderas españolas en los balcones de galicia, la bandea española es nuestra y yo la uso en la ropa y la pongo en el balcón cuando juega españa, por cierto sois cuatro marginados sociales, que confirman la regla aqui en galicia, todo tranquilo galiciaxespaña.

6 Gundar

Yo vi con posterioridad al mundial muchas banderas españolas, efectivamente, en diferentes casas. Lo más curioso es que conozco a bastantes de los que moran en estas casas y son personas que, en su mayor parte, no han dicho una palabra en castellano en toda su vida. Ou sexa que a Rentería vaite tí, ferrolán do c. , que nos estamos na nosa terra. Viva Galiza!

7 Bruar

Ferrolano. Ti es español e esa é a túa bandeira. Podes sacar a túa bandeiriña mil vices pero ainda así non conseguirás o que queres. Eu son galego e ti es español. Juan Carlos é o teu Rei e ti es o seu vasallo. Eu non teño Rei nin falla que me fai e así son feliz. Defende ti a España e o futuro xa nos dirá quen ten razón.

8 Bruar

Podes ter por seguro que non me vou largar, teño tempo, todo o tempo do mundo para ver como ides esmorecendo. Portugal non é o meu país, Galicia é o meu país. Poida que Galicia non sexa máis grande co paso do tempo e grazas a xentes coma ti, españois. Pero España tampouco será máis grande e ningún senso. Cataluña e Eukaki farán que os españolistas chulitos e insultadores coma ti non poidan durmir tranquilos. Se queres facer a túa España a base de apisonadora sigue así, sigue sacando a bandeiriña non para reivincar un acontemento deportivo senón para impoñer ideoloxía e isto non acabará nunca. Como che dicía, teño todo o tempo do mundo e nada que perder.

1 Bruar

Este é o día dos españois celebrando a súa 8ª? 9ª? carta magna. Espero que o pasen moi ben, que o celebren e que sexan felices. Grazas polo día festivo. E nada máis. Paréceme un erro que as opcións políticas que non sexan españolistas fagan comunicados xustificativos da súa non participación.