A Xunta adianta unha semana o pago da Risga

En lugar de percibila nos últimos días do mes, os beneficiarios desta prestación xa empezarán a cobrala agora coa intención de minimizar o impacto do coronavirus nos fogares máis vulnerables.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2020 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

O Goberno galego informou de que adianta case unha semana o pago da Renda de inclusión social de Galicia (Risga) do mes de abril para "aliviar a economía doméstica de 10.000 familias galegas". Con tal fin, o Goberno galego destinará un investimento de 4,5 millóns de euros.

O Consello da Xunta deu na pasada xornada deu luz verde a esta medida e lanzouse a orde de pago. Deste xeito, en lugar de percibila nos últimos días do mes, os beneficiarios desta prestación xa empezarán a cobrala coa intención de minimizar o impacto do coronavirus nos fogares máis vulnerables.

O importe medio da Risga é de 550 euros ao mes, despois de que se introducisen novidades o ano pasado.

Esta iniciativa forma parte do Plan social de continxencia no que tamén se atopan medidas como o teléfono social (900 400 800), que está a disposición das persoas que teñan dúbidas básicas, que necesiten acompañamento ou atención psicolóxica e que atendeu desde a súa posta en marcha máis de 2.000 chamadas.

Unha persoa camiña pola rúa
Unha persoa camiña pola rúa | Fonte: © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta