Verín destinará o orzamento dos maios para loitar contra o COVID19

A concelleira de Festexos, Emilia Somoza, agradeceu o "altruísmo e compromiso social" dos dez colectivos que elaboran as coplas e que este ano non recibirán ningún tipo de contraprestación por participar.

Por X.M. Fernández | Verín | 29/04/2020 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

A concelleira de cultura e festexos, Emilia Somoza, destacou o "extraordinario esforzo e a implicación que están a demostrar os centros de ensino da vila traballando arreo, incluso nunha situación tan difícil coma a que está a vivir a nosa sociedade, para que a tradición se manteña viva e sirva para fins sociais".

Celebración dos maios 2019 en Verín
Celebración dos maios 2019 en Verín

Somoza agradeceu así mesmo o "altruísmo e compromiso social" das asociacións e do centro de día Raiola que, ao igual que os colexios e institutos que elaboran as coplas, non recibirán este ano ningún tipo de contraprestación por participar, posibilitando así que o o Concello poida doar íntegra a cantidade orzamentada para os Maios á investigación da vacina contra o COVID-19".

COLECTIVOS PARTICIPANTES

Os colectivos que están a elaborar coplas son os seguintes: IES Xesús Taboada Chivite, Colexio Plurilingüe María Inmaculada, o Colexio Apostólico Mercedario, o CEIP Princesa de España, o CEIP Amaro Refojo e o CRA Monterrei; e pola Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, a Asociación de nais e pais de alumnos e alumnas do Conservatorio de Verín, o Centro de día de Verín Raiola e, como xa vén sendo habitual neste Certame en lembranza da persoa que recuperou a tradición dos Maios en Verín, da Asociación Verinense de Amigos da Música.

CELEBRACIÓN DOS MAIOS 2020

A concellería de  Festexos do Concello de Verín celebrará a festa dos Maios, mantendo a elaboración das tradicionais coplas pero adaptadas e optimizadas para a súa lectura e difusión a través de internet e dispositivos móbiles. Ao non ser posible a venda das coplas e a recadación de fondos solidarios para as asociacións participantes, así como a elaboración dos Maios Florais, por mor das restricións derivadas do actual estado de alarma, este ano o Concello de Verín doará integramente a cantidade orzamentada para os devanditos festexos á investigación da vacina contra o COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta