Denuncian que a alcaldesa de Vilariño de Conso repartiu caramelos a nenos nun camión de Protección Civil

No coche viaxaban, ademais de "dúas persoas disfrazadas de castaña e outras repartindo caramelos", a "alcaldesa de Vilariño".

Por E.P. | OURENSE | 29/04/2020 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, denunciou que a rexedora de Vilariño de Conso, Melisa Macía, participou nunha repartición de caramelos no concello veciño nun camión de Protección Civil que non tiña "competencias" para facer esta actuación.

Segundo explica o BNG nun comunicado, este martes, 28 de abril, o alcalde de Viana do Bolo puxo en coñecemento das administracións central e galega os feitos desenvolvidos "polo equipo de goberno" do veciño concello de Vilariño de Conso.

Así, relatou que o pasado 25 de abril pola tarde, un coche de Protección Civil de Vilariño de Conso, "sen competencias" en Viana, "repartiu" caramelos en casas da localidade veciña e en varios dos núcleos rurais. No coche viaxaban, ademais de "dúas persoas disfrazadas de castaña e outras repartindo caramelos", a "alcaldesa de Vilariño de Conso".

Esta actuación levou a cabo "sen previo aviso e sen a comunicación" procedente ao concello de Viana do Bolo, así como "a ningunha autoridade competente".

"Nesta actuación incumpríronse moitas das medidas e restricións que figuran na lexislación vixente coa aprobación do estado de alarma e o estado de emerxencia sanitaria", declarada pola Xunta.

"INCUMPRÍRONSE NORMAS"

Neste sentido, Noa Presas --exdiputada e candidata do BNG-- sinalou que "non se gardaron as medidas, incumpríronse as distancias de seguridade e as medidas de mobilidade". "Púxose en risco á poboación de Viana do Bolo", indicou a nacionalista.

O BNG rexistrou unha batería de preguntas referentes ás actuacións "irresponsables de referentes políticos a nivel municipal" na Cámara galega. Entre outras cuestións, os nacionalistas preguntan se este tipo de actuacións "irresponsables" merecen a atención do Goberno galego.

"Non é un caso puntual, posto que en máis concellos da provincia de Ourense están a levarse a cabo actuacións similares por parte de representantes públicos", dixo Presas, que pregunta á Xunta se recibiron algunha notificación destes sucesos e se o Executivo autonómico considera que estas actuacións "son un bo exemplo".

"As representantes públicas temos que respectar tamén a declaración do estado de alarma e o estado de emerxencia. Non podemos levar a cabo actuacións que poidan pór en perigo a saúde das veciñas, sobre todo en Ourense, cunha poboación tan envellecida", concluíu.

Vehículo de Protección Civil con dúas persoas disfrazadas de castaña e a alcaldesa de Vilariño de Conso. CEDIDA-VECIÑO VIANA DO BOLO
Vehículo de Protección Civil con dúas persoas disfrazadas de castaña e a alcaldesa de Vilariño de Conso. CEDIDA-VECIÑO VIANA DO BOLO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta