Operarios de Noa Madera Creativa protestan contra a aplicación dun ERE

As causas económicas que xustifica a compañía para aplicar os despedimentos e as regulacións non están acreditadas, falan os representantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Traballadores da empresa Noa Madera Creativa, instalada no polígono industrial de Vilar do Colo en Fene, concentráronse á primeira hora da mañá deste luns, 18 de maio, á entrada destas instalacións para mostrar o seu rexeitamento ao ERE extintivo e ao ERTE de 15 meses que a dirección da empresa quere aplicar á gran maioría dos operarios, xa que dunha platilla que non chega aos 180 traballadores espérase que afecte a máis de 140.

Este acto de protesta contras as políticas laborais da dirección coincidiu coa recollida do permiso retribuído "ata novo aviso" para 30 operarios da sección de metal, que foi comunicado pola dirección da compañía a finais da semana pasada, o día 15, mentres a parte social e os propietarios da empresa negociaban ambos os expedientes, e por sorpresa.

Esta decisión levou aos representantes dos traballadores a incidir que as causas económicas que xustifica a compañía para aplicar os despedimentos e as regulacións non están acreditadas, xa que de ser certo non estaría a enviar para casa a trinta operarios ao mesmo tempo que lles abona os seus salarios.

DESENCONTROS

Nos últimos meses os desencontros entre os novos propietarios de Noa Madera Creativa, o Grupo Malasa, con sede en Cerceda e os seus traballadores foron constantes, tras a adquisición da sociedade en agosto do ano 2018, que conta entre os seus principais clientes ao grupo Inditex, para o que realiza reformas de establecementos comerciais de varias das súas marcas e tamén para a marca deportiva Adidas.

Por parte do comité de empresa de Noa Madera Creativa asegúrase que a nova dirección o que busca é precarizar as condicións que os seus operarios tiñan co anterior propietario.

Operarios de Noa Madeira Creativa concéntranse en Fene (A Coruña).. CIG
Operarios de Noa Madeira Creativa concéntranse en Fene (A Coruña).. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta