Un ERE na RAG?

AGE pídelle á Xunta que se comprometa orzamentariamente coa RAG. Estiman nun millón a cantidade para manter esta insitución fronte aos 300.000 euros consignados nos orzamentos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/12/2012 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Hai unhas semanas era o presidente da Real Academia Galea (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín, quen reclamaba máis compromiso por parte das administracións para manter viva esta institución. Desta volta é AGE, o grupo ao que pertence o propio Ferrín, o que lle pide á Consellería de Cultura que se comprometa orzamentariamente.

Méndez Ferrín na presentación da nova web
Méndez Ferrín na presentación da nova web

"AGE considera unha burla e unha mentira as previsións da consellaría de in-cultura en materia  de orzamentos para a Academia Galega", asegura o deputado de EU, membro desta coalición, Xabier Ron, logo de coñecer que nos orzamentos da Xunta a cantidade para a RAG é de 300.000 euros. 

Por iso, critica a Xesús Vázquez por terse "comprometido" na Cámara a apoiar esta institución e comprobar que ese comopromiso quedou en nada nos orzamentos do Goberno galego.  

Declaración de guerra

E é que, para AGE os cartos consigandos pola Xunta á RAG abocana a realizar un ERE, "toda vez que a contía que se consigna apenas supón outra cousa que unha declaración de guerra  á Academia".

Este grupo parlamentario xa anuncia que tentará enmendar esta situación no trámite orzamentario para que no documento final se achegue unha cantidade que permita o mantemento das funcións e tarefas que desenvolve a Academia. Cantidade que, para AGE, ten que rondar alomenos o millóns de euros. "Todo o demais supón continuar a guerra contra unha institución necesaria para a nosa lingua e cultura, patrimonio sen o cal non se entende ao noso país", denuncia Ron.

"Seremos belixerantes tanto coa fórmula da consellaría de afogar con recortes o funcionamento da Academia, canto coa política de gañar tempo e engordar a arbitrariedade,  evidente na intención dos anuncios da consellaría de que haberá convenios específicos a maiores. Claro recoñecemento da absoluta insuficiencia do orzamentado na actual proposta do PP", critica AGE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

4 Comunista

Desde que pechou o CMI-Galiza-Indymedia, case todos os trolls que provocaron a sua liquidación migraron cara este portal. Mal futuro vai ter o Galicia Confidencial con semellantes "comentaristas".

3 anonimo

Aquí teneís cómo critican, y de paso se descogorcian en el Blog de Gloria Lago del Ferrin pidiendo pasta. http://elblogdeglorialago.blogspot....

2 Boa peticion

Despachos grandes para Ferrín XA

1 Rosa

E dese millón de euros, canto vai sacar a filla de Ferrín que está a traballar na RAG desde que este é presidente??, 20.000?, 24.000?, canto?