Técnicos forestais reclaman un novo acordo de melloras laborais ante a "falta de interese" da Xunta

O actual data de 2008 e está "desfasado", din.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/05/2020 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

O persoal de técnicos forestais do servizo de prevención de incendios da Xunta reclama un novo acordo de condicións de traballo, xa que o actual data de 2008 e está "desfasado", mentres critica a "falta de interese" do Goberno galego.

Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro
Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro | Fonte: © Miguel Núñez.

CIG, CC.OO., CSIF e UGT remarcan que o pasado 9 de agosto de 2019 levaron as demandas de enxeñeiros técnicos forestais e enxeñeiros de montes —que traballan en tarefas esenciais de coordinación e xestión de incendios— "sen que ata hoxe a administración fose capaz de presentar ningunha proposta".

Respecto diso, os sindicatos sinalan que denunciaron o acordo de condicións de traballo de hai máis dunha década porque "contradí varios preceptos da normativa laboral".

Entre outras cuestións, demandan: un novo acordo que dea solucións para aumentar o cadro de persoal e garantir os descansos legais; a redución das 2.000 horas anuais —superan en máis de 500 horas ao resto de empregados públicos—; regulación do traballo en fin de semana, festivos, gardas e descansos; así como garantir 15 días de vacacións no verán.

Tamén se pide eliminar a dispoñibilidade absoluta dos xefes de distrito, diminuír a interinidade, que é do 50%, unido a regular a segunda actividade e coeficiente reductor para os maiores de 60 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta