Espazo Común repetirá coalición con Recortes Cero e Os Verdes

Prevén presentar candidaturas polas catro provincias galegas para as próximas eleccións ao Parlamento de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/05/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Espazo Común, a formación impulsada polo que fora secretario xeral do PSdeG Manuel 'Pachi' Vázquez, repetirá coalición con Recortes Cero e Os Verdes de cara ás próximas eleccións autonómicas do 12 de xullo.

Segundo explicaron fontes da coalición a Europa Press, prevén presentar candidaturas polas catro provincias galegas para as próximas eleccións ao Parlamento de Galicia.

Ademais, nun comunicado remitido aos medios, a coalición lembra que tres días antes do estado de alarma reclamou a suspensión dos comicios e esixiu que todas as decisións que se tomasen tivesen como criterio fundamental "a saúde e a vida das persoas" e "ningún outro criterio".

Ao mesmo tempo, a coalición que encabezan Pastora Fernández e Francisco Fraga lembra que pediu que a suspensión electoral non abrise un "período amplo no que un pequeno número de forzas monopolizasen a atención coa súa presenza nos medios públicos e privados".

Así mesmo, rexeita que non se convocase a consultas a todas as forzas presentes na campaña para abordar a nova data das eleccións e asegura que non concibe unha campaña sen un trato igualitario e democrático, que atenda ás condicións de urxencia sanitaria nas que se celebran.

Pachi Vázquez presenta o seu proxecto Espazo Común. ESPAZO COMÚN
Pachi Vázquez presenta o seu proxecto Espazo Común. ESPAZO COMÚN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Muiña

Outra vaca no millo... :-D

1 Partido Pandereta Esfurricada

ahhahahah Pero esta vaca nin leite, nin moscas.... máis coñecido como... "Ni fú, ni fá" (recordame a cando Gaspar Llamazares e Baltasar Garzón se presentaron as europeas PARA NADA, e iso que estes dous teñen tirón e recoñecemento publico). Mira filliños, facede o que queirades......pero se queredes perder o tempo.....eu recoméndovos cousas máis productivas para vos.

1 Desfeita

Aviso: Recortes Cero é a marca electoral de Unidad Comunista de España, partido que moitos califican como secta. Os Verdes non é un partido, senón a marca electoral dun señor chamado Esteban Cabal, que sempre a aluga ao mellor postor.