Feijóo aos carteiros: "Non creo que haxa ningún que se vaia a arriscar a cometer un delito electoral"

"É a maior decisión dunha Xunta Electoral que eu lembre desde que hai eleccións democráticas en España", di sobre que os carteiros poidan recoller os votos nos domicilios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/05/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este venres a "normalidade" das eleccións galegas, a pesar de certas medidas aprobadas, como que os carteiros se teñan que responsabilizar de recoller votos directamente nos domicilios.

Unha carteira de Correos percorrendo unha rúa
Unha carteira de Correos percorrendo unha rúa | Fonte: EFE

Por iso, asegurou que, "garantidas" as medidas de seguridade no protocolo aprobado este venres, confía en que prime a "normalidade" na xornada electoral. Ademais, tras o acordo da Xunta Electoral, que permitirá votar por correo sen desprazarse do domicilio, o presidente salientou que se deu "a maior facilidade histórica" para esta vía.

Tamén subliñou que un carteiro é "un funcionario público con absoluta imparcialidade e rigor no seu traballo". "Non hai ningún que se vaia a arriscar a cometer un delito electoral", dixo Feijóo, antes de salientar que o carteiro actuará como "fedatario público a efectos do voto". "É a maior decisión dunha Xunta Electoral que eu lembre desde que hai eleccións democráticas en España", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 Gamela

De quén te fías máis, do teu carteiro ou do sistema electoral virtual de Podemos ? Sen dúbida o máis fiable seguirá sendo meter directamente o teu voto nunha urna (se os da mesa están controlados polos interventores de tódolos partidos, cousa que nunca se dá!) Así que agora votará a xente en función de dúas variables: os que cobren o IMV e os que cobren o Bono Coidado (?) O resto podemos facer avións coas papeletas que tanto dá... (?)

1 Anónimo

Nótase que coñecementos tecnolóxicos poucos. Calqueira tipo de votación que fose via electrónica sería máis fiable ca un carteiro carrexando votos polas portas.

2 Gamela

A ver se algún técnico é capaz de explicar estes resultados ? https://terceraasamblea.podemos.inf... Unha da dúas, ou Podemos é un partido Búlgaro, ou alguén está detrás destes resultados, será o algoritmo desborda, será Echenique, será o que tí queiras pero acadar un 92% logo de Galapagar parece un pouco RARO RARO RARO ! https://i.gal/gamela15 Eu prefiro ao Carteiro !

3 Anónimo

Que a ti non che guste UP, nin os resultados que saen da consulta, non quere dicir que estes non sexan moito máis fiables que un carteiro recollendo os votos pola porta. Só demostras o teu descoñecemento nos mètodos de verificación dixital. Ademáis, cheiraseche o lonxe de que pé coxeas.

4 Gamela

Non é cuestión de gustos... lembras cando fixeron unha votación en Galicia e pediran unha auditoria para averiguar se os CENSOS utilizados eran ou non eran correctos (?) Daquela era En Marea contra UnidasPodemos ! Non fai falla cheirar nada, basta contar os días que levamos en DITADURA pura e dura ! https://twitter.com/00Gamela/status...