A conserveira Calvo pecha temporalmente en Brasil para previr casos de coronavirus

Será a partir do 15 de xuño.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2020 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O grupo conserveiro Calvo decidiu adiantar ao 15 de xuño a parada técnica que realiza de forma habitual cada mes de xullo na súa planta de Brasil. Toma esta medida para previr que non haxa casos de coronavirus nesta fábrica fronte á "escalada" da enfermidade no estado de Santa Catarina.

Nun comunicado, a empresa de Carballo explica que actualmente continúa coa súa actividade e será a partir do 15 de xuño cando leve a cabo un peche "temporal, localizado e preventivo".

A fábrica de Calvo en Brasil conta con 2.300 traballadores e non se rexistrou ningún caso de contaxio por coronavirus desde o inicio da pandemia. Ademais, opera con "todas as medidas de seguridade e protocolos internos reforzados desde hai máis de dous meses para minimizar ao máximo calquera risco de contaxio".

De tal forma, esta medida "non afectará á operativa nin á seguridade da subministración nas fábricas de Grupo Calvo noutros países onde seguen operando con todas as medidas de seguridade reforzadas".

Grupo Calvo está presente en máis de 70 países a través das súas tres marcas principais, Gomes da Costa, Calvo e Nostromo. Conta con máis de 4.600 empregados e plantas de produción e envases en España, O Salvador e Brasil.

Sede do Grupo Calvo
Sede do Grupo Calvo | Fonte: calvo.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta