Amizades de Diego Bello volven esixir "xustiza" pola súa morte

O mozo foi abatido pola policía filipina hai cinco meses. A autopsia descarta que el disparase e que consumira estupefacientes.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/06/2020 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Achegados e amigos de Diego Bello concentráronse na praza de María Pita, ante o Concello da Coruña, para esixir "xustiza" para o mozo coruñés, tras ser abatido en xaneiro pola Policía nunha operación no seu domicilio na localidade de General Luna, en Siargao, no sur do arquipélago filipino.

Con pancartas reclamando "xustiza", concentráronse coincidindo cunha pregunta do BNG no pleno ordinario deste xoves sobre este caso e para pedir de novo que se aclare o sucedido con Diego Bello.

Así o subliñan tamén nun comunicado no que inciden en que o seu obxectivo é "lembrar aos cidadáns da Coruña que fai cinco meses do asasinato a mans da policía" de Diego Bello. "Sen que ata o momento se soubese nada respecto das investigacións solicitadas polo Goberno español ás autoridades filipinas".

Tamén inciden en que a autopsia realizada a Diego Bello en Manila "non atopou rastros de pólvora no seu corpo", o que, sosteñen, descarta que "disparase" á policía. A iso, suman o informe toxicolóxico realizado en Madrid que confirmou "que non consumira estupefacientes nos últimos seis meses".

Mentres, insisten en que a policía filipina "non achegou probas da relación de Diego co tráfico de drogas". Por todo iso, argumentan que o Goberno español debe "esixir" ao filipino "un xuízo aos policías, evitando así a sensación de impunidade". Por outra banda, agradecen ao Concello da Coruña "o apoio mostrado desde o primeiro momento á familia e amigos".

Concentración para reclamar xustiza para Diego Belo. PLATAFORMA XUSTIZA PARA DIEGO
Concentración para reclamar xustiza para Diego Belo. PLATAFORMA XUSTIZA PARA DIEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta