O Comité da CRTVG acusa á dirección de dividir aos traballadores pola filtración do vídeo de Irene Montero

O Comité Intercentros do ente chama a desenvolver unha investigación para esclarecer se as declaracións en off the record da ministra saíron da corporación de medios públicos galegos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Unha semana despois de que a CRTVG publicase un comunicado desligándose da polémica filtración de Irene Montero, o Comité Incercentros da corporación sae a reclamar unha comisión de investigación para esclarecer a orixe das declaracións da Ministra de Igualdade. 

A ministra de Igualdade, Irene Montero, e un pantallazo do programa de xestión de vídeos da TVG
A ministra de Igualdade, Irene Montero, e un pantallazo do programa de xestión de vídeos da TVG | Fonte: eldiario.es

O Comité subliña o seu convencemento da "profesionalidade" dos traballadores da cadea pero apunta a que, de confirmarse a filtración, a responsabilidade iría parar á dirección; xa que esta era, en última instancia, a encargada de custodiar o material, segundo apuntan dende a organización.

UNHA DIRECCIÓN "MESQUÍN"

O Comité afea ó órgano directivo que "no canto de preocuparse por clarexar" a cuestión, tan só procuren "dividir ao persoal, coa mesquindade que a caracteriza e co propósito de eludir a súa única responsabilidade, que é determinar se a filtración se produciu dende a CRTVG ou non".

Neste contexto, o CI insta ó desenvolvemento dunha comisión de investigación que permita esclarecer se a prodecencia da filtración apunta ó ente público galego para "defender a imaxe do medio" ante as informacións de xornais de televisións que apuntan á TVG como orixe do off the record.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela