Caballero critica a Feijóo por pedir protocolos de todo e non ter ningún para que os concellos abran os paques infantís

G. Caballero bota man da victoria dos socialistas en Santiago para impulsar a súa candidatura á Xunta

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2020 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O candidato á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero pretende aproveitar a vitoria de Bugallo nas municipais do ano pasado para empurrar a súa carreira electoral ó Horreo. En declaracións aos medios en Ames, o líder dos socialistas galegos situou a "vitoria municipal" do Partido Socialista nas eleccións do 26 de maio de 2019 como a "antesala" do cambio político na Xunta.

O candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero, e o alcalde de Ames (A Coruña), José Miñones. PSDEG
O candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero, e o alcalde de Ames (A Coruña), José Miñones. PSDEG | Fonte: Europa Press

O candidato, á par, fixo un chamemento ó electorado socialista dos comicios locais a repetir a papeleta no 12J.  "Temos o reto de darlle a Galicia o mesmo progreso que está na maioría dos concellos, nos que os socialistas somos a referencia", apuntou.

"OS DESASTRES DE FEIJÓO"

O xefe de filas do PSdeG puxo en valor a xestión dos máis de 100 alcaldes e alcaldesas socialistas en Galicia, ós que contrapuxo os "desastres de Feijóo" á cabeza da Xunta. Caballero acusou á administración popular de "estar ausente", entre outras cuestións, no tocante á relación cos concellos. 

Neste aspecto concreto, Caballero afeou que o Goberno galego diga "de súpeto" que hai que abrir os parques infantís sen dar aos concellos nin "protocolos, nin respaldo financeiro, nin persoal para garantir a saúde dos nenos".

"O Goberno da Xunta dedícase a facer anuncios pero sen facer os deberes", censurou o dirixente do PSdeG, que citou cuestións como a xestión dos centros de día ou a residencia de maiores. "Feijóo ten os deberes sen facer e non é capaz de darlle resposta ás necesidades dos galegos", apuntou o candidato socialista, que criticou a vontade do popular de tentar responsabilizar ó goberno central dos problemas xurdidos na crise da pandemia.

O alcalde de Ames, José Miñones, tamén presente no acto, defendeu a candidatura de Caballero para "evitar conflitos" entre administracións de diferente cor política e "que se volva a investir" en Ames.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta