Seguen as críticas a Feijóo por non ter un protocolo para as aulas: "que asuma dunha vez as súas competencias"

O edil de Educación de Pontevedra afea á Xunta a "falta de planificación" e acusa ó presidente de fuxir do problema: "se é tan bo xestor non hai mellor momento para demostralo".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Cada vez son máis as críticas dirixidas á Xunta pola ausencia dun protocolo que regule o regreso ás aulas galegas. A derradeira vén do edil de Educación da cidade de Pontevedra, Tino Fernández, que acusa a Feijóo de "facer pellas" ao eludir a responsabilidade das súas competencias e "abandonar á súa sorte" a docentes e alumnos.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participa nun dos Encontros Dixitais de Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 15 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participa nun dos Encontros Dixitais de Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 15 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Neste aspecto, o edil socialista, tamén tenente de alcalde, esixiu a Núñez Feijóo "que asuma dunha vez as súas competencias" na loita contra a COVID desenvolvendo unhas directrices de seguridade e protección "claras". Fernández incidiu na necesidade de facilitar esta orientación a profesorado e Anpas para que o popular "non converta as aulas en bombas de reloxería".

As reclamacións de Fernández chegan logo de manter unha reunión telemática cos equipos directivos dos 20 centros da cidade, algúns dos cales lle trasladaron a súa "tremenda preocupación" pola ausencia dun protocolo, particularmente no que refire á desinfección das instalacións e as cuestións de aforo. "Hai centros cun só cuarto de baño para todo o persoal", apuntan. 

DIFICULTADES ECONÓMICAS

Na reunión entre edil e directivos quedaron patentes algunhas das limitacións sufridas que, como os do resto da comunidade, sufren os centros públicos pontevedreses. Á complexidade de conxugar as medidas de distanciamento cun aforo limitado únenselle as dificultades económicas: "algunhas directora chegou a afirmar que terá que escoller entre calefacción e xel", asegurou Fernández.

Nesta circusntancia, o edil pontevedrés instou ó presidente da Xunta a "sacar a cabeza do burato" e enfrontar o problema: "se Feijóo é tan bó xestor, non hai momento como este para que o amose".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta