Galicia participará na elaboración do primeiro censo simultáneo do oso pardo na cordilleira Cantábrica

Os primeiros traballos orientaranse a tomar mostras non invasivas da especie, como excrementos e pelo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2020 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Galicia é unha das comunidades autónomas que participará na elaboración do primeiro censo simultáneo do oso pardo que habita na cordilleira Cantábrica, xunto con Asturias, Cantabria e Castela e León.

Oso Pardo nos Ancares
Oso Pardo nos Ancares | Fonte: turgalicia

A iniciativa, de acordo coa información dada este sábado pola Xunta nun comunicado, estará coordinada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e contará co asesoramento do CSIC e a Universidade Autónoma de Barcelona.

Para facer este censo aplicarase a mesma metodoloxía de traballo en todas as comunidades e abarcarase toda a área de distribución da especie. Este é, segundo a Xunta, "un gran reto". O oso pardo está incluído no catálogo español e o galego de especies ameazadas na categoría de en perigo de extinción.

Os primeiros traballos orientaranse a tomar mostras non invasivas da especie, como excrementos e pelo, entre o 1 de setembro e o 15 de decembro de 2020, co fin de obter perfís xenéticos de cada exemplar. Na segunda etapa analizarase o grao de conectividade entre os núcleos da poboación e o parentesco entre os exemplares.

Coas técnicas de individualización xenética poderanse coñecer con precisión os características determinantes da ocupación do territorio, de todos os segmentos de poboación do oso pardo cantábrico e os patróns de ocupación do territorio dos individuos concretos. Esta información, defendeu o Goberno galego, servirá de referencia para tomar decisións sobre a xestión da poboación de osos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta