Queres coñecer a orixe do nome da túa rúa?

A RAG publica un estudo sobre a orixe dos nomes das rúas de varias cidades galegas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/06/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

"Os nomes das rúas serven para orientarse nas vilas e cidades e tamén para organizar os territorios urbanos. Pero tamén adquiren unha moi importante carga simbólica e constitúen parte da paisaxe lingüística que acompaña aos habitantes acotío". Esta é a premisa baixo a cal foi elaborado o estudo "Os nomes das rúas", un extenso volume que recolle a orixe dos nomes de múltiples rúas de varias cidades galegas.

Xornadas de Onomástica organizadas pola RAG. RAG
Xornadas de Onomástica organizadas pola RAG. RAG | Fonte: Europa Press

O estudo, publicado en aberto pola Real Academia Galega na súa páxina web, é obra de Ana Isabel Boullón Agrelo e Luz Méndez, que ao longo de máis de 200 páxinas reconstrúen o porqué de moitos dos viarios de Galicia. En concreto, o arquivo recolle rúas das cidades de A Coruña, Pontevedra, Vigo e Lalín, á parte de contar cun estudo especial que estuda a construción dalgúns dos vieiros máis emblemáticos de Santiago de Compostela e Gondomar.

Segundo apuntan dende a academia, o obxectivo do volume é profundizar nun campo de estudo "moi pouco tratado en Galicia" e, ademais, "pór o foco na necesidade da preservación da toponimia tradicional por parte dos poderes públicos, neste caso os concellos, responsables dos nomes urbanos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta