Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/06/2020 | Actualizada ás 20:34
"Orense". Así é como aparece a provincia de Ourense na imaxe de fondo do escenario no que na noite deste luns terá lugar o debate electoral entre os sete principais partidos que se presentan a estes comicios.
Unha deturpación do topónimo oficial no principal debate político da lexislatura que non pasou desapercibida. Algúns usuarios das redes xa o denunciaron no hastag #DebateTVG
Que no #DebateTVG poñan no mapa “Orense” e non “Ourense” é pra facerlello mirar e despedimento lo “lumbreiras” que pudo un topónimo deturpado. pic.twitter.com/c4phvVMOAi
— ɔεʟƨᴏ ҡᴀȥᴀϻᴀ | 🛰️ | 🏳️🌈 (@KazamaGZ) June 29, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.