“Agrávase” a censura na TVG

O Comité de Empresa denuncia que os casos de corrupción do PP, como o Gürtel e a Pokemon, aumentaron o control político dos informativos e piden a creación dun Estatuto Profesional para regular os contidos do medio público. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | | 05/02/2013 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O Comité de Empresa da TVG denunciou por parte dos actuais dirixentes da televisión pública da manipulación que padecen os informativos da canle pública e alertaron sobre as presións e as intervencións sobre o seu traballo que están a recibir a cotío os e as profesionais do medio.

Non é a primeira vez que os representantes dos traballadores denuncian “inxerencias” do poder político do PPdeG no ente público, pero, nesta ocasión, apuntan o problema “agravouse” nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política que están a sair á luz pública, como por exemplo o Caso Pokemon ou, nos últimos días, o chamado Caso Bárcenas.

Casos “penosos e vergoñentos”

O Comité da TVG considera “especialmente penosas e vergoñentas” estas prácticas de manipulación da televisión pública no actual contexto de grave crise económica e profundo deterioramento político e social, “xusto cando unha cidadanía en gran parte empobrecida e indignada esixe máis que nunca o seu dereito de acceso a unha información veraz, plural e obxectiva”, apunta nun comunicado.

Ademais, denuncia a ausencia dun mecanismo que evite as presións coas que teñen que traballar cada día os profesionais e que garanta a liberdade e a indepencia no exercicio dos seus labores informativos.

Estatuto profesional

Por iso, pide a “creación inmediata” do Estatuto Profesional que contempla a Lei 9/2011, de 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia. Este  instrumento , segundo a mesma lei indica, está “destinado a fortalecer a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos”.

Unha das últimas mobilizacións dos traballadores da CRTVG
Unha das últimas mobilizacións dos traballadores da CRTVG

A Lei dos medios públicos que o Parlamento galego aprobou en decembro de 2011 obriga tamén a crear un Consello de Informativos, como órgano interno de participación dos profesionais da información da Corporación RTVG, que terá como obxectivos “velar pola independencia, pola veracidade e pola obxectividade dos contidos informativos difundidos por todas as súas canles”.

Velaquí algúns exemplos da cobertura dos telexornais sobre os casos de presunta corrupción Gürtel e Pokemon nos últimos días

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

9 Desilusión

O BNG utilizou a tele o PSdG utilizou a tele e coma non o PP utiliza a televisión.... . Todolos partidos axudaron a crear esta democracia clientelar que temos hoxe en día... Cargos a dedo, oposicions amañadas, contratos a empresas amigas... etc todos culpables. E sí seguramente hai uns peores cos outros, pero eso non lexitima...un só enchufe, un só contrato a dedo. E horas de comezar de cero

1 Lenguda

A ver mijiño. Eu nin son do BNG, mesmo nin lle voto..., pero ¿Cando manipulou o BNG a TVG? En que película miraches iso?

8 Cantos sodes?

Agora que non está o BNG (é dicir, o militante da UPG que cobraba o supersoldo con destino á Secretaría de Organización) no Consello de Administración da RTVG pasan estas cousas da manipulación dos informativos. Cando estaban eles, claro é, non pasaban. Tampouco existe manipulación algunha no Sermos Galiza (en clara liña aperturista, como o Granma do PC cubano) nin é raro que o Concello de Pontevedra, requetegobernado polo Bloque/UPG insira anuncios, ben caros, en La Voz de Galicia.

7 Spidercan

Xa non é que haxa manipulación ou censura. É que os xornalistas dese meio son un fidel reflexo dunha parte da povoación galega. A dos provincianos da posguerra e os da soleira da aldeia da súa casa. É unha televisión feita por e para eles. O que estamos a viver todos os días na nosa contorna social. Así que xa non é que si o PP ou outro quen senha, trátase de que está feita por mediocres e para mediocres. Cando ún quere saber, entreterse ou divertirse, anda á procura doutras canles. Non da CRTVG. Esa está feita para a xeración da achicoria e como moito a xeración do COLA-CAO

1 Spidercan

E o máis simpático do asunto que grazas aos vosos queridos xornalistas o galego vése como algo do pasado e o castelhano como algo do presente e do futuro. Muito obrigado (grazas) a xornalistas que apoia o BNG, AGE e un longo etcétera. Eu diría que se vaian lonxe, moi lonxe. Que de provincianos da posguerra estamos fartos. Os da falange reconvertidos a demócratas.

2 Lenguda

Ti si que tomas moito colacao caducado.

6 Rafa

A TVG deberá ser de todos os galegos, e non a afinca pàrticular do PP agora e do PSSOE e BNG antes. A Radio e Televisión de Galicia que son os únicos medios de comunicación que falan galego serían de gran valor para Galicia se hoxe non estiveran xestionados por xente que nobn ten ningún merito moral nin profesional, que son só comisarios/sicarios do PP.

5 Javier

¿Pero la telegaita todavía sigue abierta? ¿Por qué no cierran de una vez ese pufo?

1 El PPresidente

Con las cosas de comer no se juega, fiel súbdito.