“Agrávase” a censura na TVG

O Comité de Empresa denuncia que os casos de corrupción do PP, como o Gürtel e a Pokemon, aumentaron o control político dos informativos e piden a creación dun Estatuto Profesional para regular os contidos do medio público. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | | 05/02/2013 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O Comité de Empresa da TVG denunciou por parte dos actuais dirixentes da televisión pública da manipulación que padecen os informativos da canle pública e alertaron sobre as presións e as intervencións sobre o seu traballo que están a recibir a cotío os e as profesionais do medio.

Non é a primeira vez que os representantes dos traballadores denuncian “inxerencias” do poder político do PPdeG no ente público, pero, nesta ocasión, apuntan o problema “agravouse” nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política que están a sair á luz pública, como por exemplo o Caso Pokemon ou, nos últimos días, o chamado Caso Bárcenas.

Casos “penosos e vergoñentos”

O Comité da TVG considera “especialmente penosas e vergoñentas” estas prácticas de manipulación da televisión pública no actual contexto de grave crise económica e profundo deterioramento político e social, “xusto cando unha cidadanía en gran parte empobrecida e indignada esixe máis que nunca o seu dereito de acceso a unha información veraz, plural e obxectiva”, apunta nun comunicado.

Ademais, denuncia a ausencia dun mecanismo que evite as presións coas que teñen que traballar cada día os profesionais e que garanta a liberdade e a indepencia no exercicio dos seus labores informativos.

Estatuto profesional

Por iso, pide a “creación inmediata” do Estatuto Profesional que contempla a Lei 9/2011, de 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia. Este  instrumento , segundo a mesma lei indica, está “destinado a fortalecer a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos”.

Unha das últimas mobilizacións dos traballadores da CRTVG
Unha das últimas mobilizacións dos traballadores da CRTVG

A Lei dos medios públicos que o Parlamento galego aprobou en decembro de 2011 obriga tamén a crear un Consello de Informativos, como órgano interno de participación dos profesionais da información da Corporación RTVG, que terá como obxectivos “velar pola independencia, pola veracidade e pola obxectividade dos contidos informativos difundidos por todas as súas canles”.

Velaquí algúns exemplos da cobertura dos telexornais sobre os casos de presunta corrupción Gürtel e Pokemon nos últimos días

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

4 Tuco

Tes razón xesteira, e non falaches dos liberados sindicais da TVG que se inventaron este comunicado para xustificar os seus altos soldos. Fora XA!!!

3 MariaVR

Xesteira: Cando opines documentate antes e asi non faras o parvo...Unha traballadora da TVG

2 Xesteira

Tedes razón. A TVG é unha porquería. Hai que pechala. Grandes salarios, moitas vacacións, días libres, exceso de plantilla, etc. etc. Mentres os traballadores dos medios privados cada día están peor pagados, cando non son despedidos. Os verdadeiros progresistas deberían berrar: ¡¡¡"A TVG, que peche xa"!!!

1 Miñato

Si ho! E imos buscar audiovisual en galego as privadas, Popular tv e V television. Claro... -_-

1 Cigarrón

Moi boa a foto.