Técnicos de prevención de incendios convocan folga ante o "nulo avance" coa Xunta

Comezará o 1 de agosto e será indefinida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2020 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O persoal técnico do servizo de prevención de incendios forestais da Consellería de Medio Rural irá á folga a partir do 1 de agosto ante o "nulo avance" nas negociacións coa Xunta para un novo acordo que regule as súas condicións de traballo.

Nun comunicado, as organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF e UGT informan de que enviaron preaviso para esta convocatoria de folga, xa que o Goberno galego non responde as súas demandas para conseguir melloras laborais a pesar das diferentes protestas que protagonizaron nas últimas semanas.

A folga será indefinida e comezará ás 00,00 horas do 1 de agosto. Afectará os grupos A1 e A2 escalas de enxeñeiros técnicos forestais e enxeñeiros de montes.

Entre outras cuestións, demandan: un novo acordo que dea solucións para aumentar o cadro de persoal e garantir os descansos legais; a redución das 2.000 horas anuais --superan en máis de 500 horas ao resto de empregados públicos--; regulación do traballo en fin de semana, festivos, gardas e descansos; así como garantir 15 días de vacacións no verán.

Tamén se pide eliminar a dispoñibilidade absoluta dos xefes de distrito, diminuír a interinidade --que é do 50%--, unido a regular a segunda actividade e coeficiente reductor para os maiores de 60 anos.

Un traballador do BRIF loita contra o lume
Un traballador do BRIF loita contra o lume | Fonte: bombeiros forestais de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta