Renuncian varias enfermeiras por problemas laborais nun dos focos das mortes por coronavirus de Galicia

Tanto familiares como o comité de empresa da residencia DomusVi San Lázaro en Compostela, denuncian que a dirección da empresa ameazou con traer “enfermeiras de Portugal”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/07/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O incumprimento dos acordos sobre as quendas de traballo foi o motivo que levou á renuncia de catro enfermeiras na residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago de Compostela. A primeira renuncia materializouse o pasado un de xullo, cando tres enfermeiras, en vista dos incumprimentos por parte da dirección, decidiron renunciar aos seus postos. Días máis tarde outra enfermeira renunciaba tamén polos mesmos motivos.

Residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago
Residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago | Fonte: DomusVi

No momento en que estas traballadoras quixeron abordar o tema das quendas e horarios coa directora da residencia, Gloria García, esta respondeu que “tiña máis enfermeiras en Portugal para traer”, segundo fontes da Asociación de Familiares DomusVi San Lázaro. A consecuencia inmediata é a falta de enfermeiras en varias quendas.

“As residencias temos fuga de persoal” di Isabel Salgado do comité de empresa da residencia. Ante esta situación, “a presidenta da patronal sempre responde que lle sobran enfermeiras en Portugal, nós non as vemos en ningunha quenda”. Salgado apunta ademais que a empresa mantén a día de hoxe ofertas de emprego en portais de internet.

As enfermeiras que renunciaron aos seus postos eran indefinidas que estaban en listas do SERGAS. “Se a empresa non lles dá unhas condicións aceptables, deixan o posto” sinala Isabel Salgado. Por outra parte, desde o comité de empresa denuncian o malestar entre o persoal de San Lázaro logo de saír na prensa que a empresa daría unha prima aos seus traballadores polo seu traballo durante o estado de alarma.

As traballadoras contaxiadas non recibiron prima, as persoas contratadas por tres meses durante a COVID, tampouco se lles pagou” declara Isabel Salgado. A prima tiña unha serie de condicionantes entre os que figuraban ter traballado como mínimo o 80% do tempo. Os e as traballadoras que foron baixa por contaxio, quedaron fóra deste incentivo.

Pola súa banda, a Asociación de Familiares denuncia que as condicións para ver aos residentes son moi restrictivas. “Hai que pedir cita previa para ver ao teu familiar, as fins de semana non se pode ir porque son normas do centro” di Javier Quián, membro da Asociación que tamén denuncia a imposibilidade de realizar vídeo chamadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lad

Onde está a inspección da Xunta?