Por Galicia Confidencial | Lousame | 17/07/2020 | Actualizada ás 18:43
Un lume activo desde pouco antes das 15,00 horas deste venres no municipio coruñés de Lousame, queimou xa máis de 20 hectáreas.
O incendio iniciouse na parroquia de Vilacova. Neste incendio traballan cinco axentes, sete brigadas, seis motobombas, unha pa, cinco helicópteros e cinco avións.
O fume vese en amplas zonas da ría de Muros e Noia. De feito, os avións están cargando auga preto dalgunhas praias de Noia tal e como informaron algúns bañistas ao GC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.