Verín aposta por un entretemento seguro nos seus campamentos urbanos

O concello deseñou unha completa axenda de actividades baixo estritas medidas de seguridade para facilitar a conciliación familiar e ofrecer un espazo de lecer activo aos cativos e ás cativas.

Por X.M. Fernández | Verín | 21/07/2020 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Os nenos e nenas da ludoteca de Verín continúan gozando dunha completa axenda de actividades variadas, sempre cumprindo con todas as medidas de seguridade estipuladas para previr a propagación do virus da COVID-19 (xeles hidroalchólicos, uso da máscara, a disposición de alfombras desinfectantes e a comprobación da temperatura tanto á entrada como á saída).

Control de temperatura para comezar as actividades. Foto: Prensa do Concello de Verín.
Control de temperatura para comezar as actividades. Foto: Prensa do Concello de Verín.

Nas últimas semanas, os menores participaron en moitas e atractivas actividades como: a elaboración de macetas e plantación de sementes, creación dun mural colectivo con estampación das mans dos cativos, xogos de auga, sesións de malabares, saída ao skatepark, xogos de obstáculos, sesións de contacontos, estampación e creación de mesas de palés, elaboración de monstros de cores, e visitas ás piscinas descubertas do complexo deportivo da Granxa e ao río Támega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta